---
title: "A MUTUA FRATERNIDADE-MUPRESPA CELEBROU EN LUGO UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O MANEXO DO TRASTORNO ANSIOSO-DEPRESIVO VINCULADO A UN CONFLITO LABORAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidade-muprespa-celebrou-en-lugo-unha-xornada-informativa-sobre-o-manexo-do"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-lugo-una-jornada-informativa-sobre-el-manejo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-celebrat-lugo-una-jornada-informativa-sobre-el-maneig-del"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-informazio-jardunaldi-bat-egin-du-lugon-lan-gatazka"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidade-muprespa-celebrou-en-lugo-unha-xornada-informativa-sobre-o-manexo-do"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA FRATERNIDADE-MUPRESPA CELEBROU EN LUGO UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O MANEXO DO TRASTORNO ANSIOSO-DEPRESIVO VINCULADO A UN CONFLITO LABORAL



27/04/2012

Novedades

 O pasado xoves 26 de abril Fraternidade-Muprespa celebrou unha xornada titulada "O manexo do trastorno ansioso-depresivo vinculado a un conflito laboral" coa colaboración do Colexio Médico de Lugo.

 A apertura e moderación da xornada foi levada a cabo polo Dr. Luis Coira Nieto, director médico de Fraternidade-Muprespa.

 D. Ramón Roca Maseda, xefe da Inspección Médica do [INSS](/gl-ES/inss), fixo unha cronoloxía da aparición e desenvolvemento do concepto do mobbing. A continuación expuxo o seu relatorio Dª. Margarita Alonso García da Inspección do Sergas, que achegou a perspectiva do problema dende o Servizo Público de Saúde.

 A continuación, os psiquiatras Dr. Francisco José Vidal Pardo e Dr. Luis Docasar Bertolo, formularon a problemática dende o punto de vista do psiquiatra asistencial e do pericial, coincidindo en que a [Incapacidade Temporal](/gl-ES/incapacidade-temporal) non é reparadora máis alá de seis semanas.

 O último relatorio desenvolveuno o médico de atención primaria o Dr. Bernardino Pardo Teijeiro que achegou a súa visión como médico de cabeceira, pedindo a figura do mediador entre o sistema público de saúde e o mundo empresarial, para dar saída a moitos destes conflitos.

 Unha vez rematados os relatorios, iniciuse un longo debate no que participaron empresarios, médicos especialistas en medicina de traballo, asesores e persoal das diferentes mutuas de accidentes de traballo que asistiron á xornada, deu por clausurada a xornada D. José Luis Sánchez Jato, director provincial de Fraternidade-Muprespa facendo unha valoración do acto e agradecendo a presenza e participación neste.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"