---
title: "AS MUTUAS: SECTOR RELEVANTE EN ECONOMÍA E XESTIÓN SANITARIA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutuas-sector-relevante-en-economia-e-xestion-sanitaria"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/las-mutuas-sector-relevante-en-economia-y-gestion-sanitaria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/les-mutues-sector-rellevant-en-economia-i-gestio-sanitaria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/mutualitateak-sektore-garrantzitsua-ekonomia-eta-osasun-kudeaketan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutuas-sector-relevante-en-economia-e-xestion-sanitaria"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# AS MUTUAS: SECTOR RELEVANTE EN ECONOMÍA E XESTIÓN SANITARIA



31/10/2016

Novedades

A prestixiosa Universidad de Cantabria vén dirixindo dende o ano 2007 un máster en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios e Sociais. Por sexto ano consecutivo, contou coa participación da Mutua Fraternidad-Muprespa.   
   
 Natalia Fernández Laviada, subdirectora de Prevención, Calidade e Comunicación de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), impartiu un interesante relatorio o pasado venres 28 de outubro, cunha clara orientación profesional sobre este sector tan importante na economía e xestión sanitaria do que é gran coñecedora: as mutuas.  
   
 Na súa exposición, realizou un percorrido teórico sobre o sector das Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e explicou con gran luxo de detalles que son as mutuas e as súas achegas a través das empresas asociadas á [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social). Tamén fixo referencia ás cifras máis relevantes do sector, así como ao volume de negocio, ao marco legal, a xestión e control dos accidentes de traballo e continxencias comúns, respectivamente, e finalizou coa xestión preventiva das mutuas.   
   
 Un relatorio acorde co fin que a Universidad de Cantabria persegue coa oferta formativa de estudos propios. Un ensino especializado que favoreza o perfeccionamento profesional.  
   
 Unha vez máis, [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) continúa a súa aposta pola formación, a transparencia e a colaboración con diferentes organismos e entidades.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"