---
title: "O CANCRO DE LARINXE PRODUCIDO POR INHALACIÓN DE PO DE AMIANTO E CROMO INCLUÍDO NA LISTA DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/o-cancro-de-larinxe-producido-por-inhalacion-de-po-de-amianto-e-cromo-incluido-na-lista-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/el-cancer-de-laringe-producido-por-inhalacion-de-polvo-de-amianto-y-cromo-incluido-en-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/el-cancer-de-laringe-produit-inhalacio-de-pols-damiant-i-crom-inclos-en-la-llista-de"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/laringeko-minbizia-amianto-eta-kromo-hautsa-arnasteagatik-sortutakoa-laneko-gaixotasunen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/o-cancro-de-larinxe-producido-por-inhalacion-de-po-de-amianto-e-cromo-incluido-na-lista-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# O CANCRO DE LARINXE PRODUCIDO POR INHALACIÓN DE PO DE AMIANTO E CROMO INCLUÍDO NA LISTA DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS



21/12/2015

Novedades

O [Boletín Oficial do Estado](/gl-ES/boletin-oficial-do-estado) publicou o 19 de decembro o Real decreto 1150/2015, que modifica o Real decreto 1299/2006, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro.

 Este texto modifica o Real decreto 1299/2006, do 10 de novembro, debido a que “dende esa data se produciron importantes avances nas investigacións e no progreso no ámbito científico e no da medicina, que permitiron un mellor coñecemento dos mecanismos de aparición dalgunhas enfermidades profesionais e da súa vinculación co traballo.”  
   
 A novidade radica en que se inclúe no cadro de enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos un novo subaxente, o cancro de larinxe, relacionado directamente co amianto, e enuméranse así mesmo as principais actividades asociadas a ese subaxente.  
   
 Os traballos expostos á inhalación de pos de amianto son os que corresponden a industrias nas que se utiliza amianto (por exemplo, minas de rochas amiantíferas, industria de produción de amianto, traballos de illamentos, traballos de construción, construción naval e traballos en garaxes, entre outros.   
 Polo tanto, queda excluído da lista de enfermidades, cuxa orixe profesional se sospeita e cuxa inclusión no cadro de enfermidades profesionais podería considerarse no futuro, o cancro de larinxe producido pola inhalación de po de amianto. [ Real decreto 1150/2015

 ![Botón externo]()Ligazón ](http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-13874)   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"