---
title: "O HOSPITAL QUIRÓN E A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBRARON UNHA XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DO RISCO BIOLÓXICO PARA PERSOAL SANITARIO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/o-hospital-quiron-e-mutua-fraternidad-muprespa-celebraron-unha-xornada-de-sensibilizacion"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/el-hospital-quiron-y-la-mutua-fraternidad-muprespa-han-celebrado-una-jornada-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/lhospital-quiron-i-la-mutua-fraternidad-muprespa-han-celebrat-una-jornada-de"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/quiron-ospitaleak-eta-fraternidad-muprespa-mutualitateak-osasun-arloko-langileentzako"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/o-hospital-quiron-e-mutua-fraternidad-muprespa-celebraron-unha-xornada-de-sensibilizacion"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# O HOSPITAL QUIRÓN E A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBRARON UNHA XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DO RISCO BIOLÓXICO PARA PERSOAL SANITARIO



04/05/2012

Novedades

 O pasado 27 de abril e no marco das actuacións que contempla o Plan de reforzo de Fraternidad-Muprespa contra a sinistralidade laboral 2012, e con motivo da conmemoración do 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, organizouse unha xornada de sensibilización e prevención do risco biolóxico para persoal sanitario.

 Esta celebrouse no Grupo Hospitalario Quirón, coa colaboración da Dirección Provincial de Barcelona e o Departamento de Prevención [AT](/gl-ES/at) e [EP](/gl-ES/ep) da mutua.

 Con este motivo, organizouse un posto á entrada do Hospital Quirón de Barcelona destinado a todos os traballadores que estean expostos a risco biolóxico. No posto publicitouse o novo material preventivo elaborado polo Grupo Hospitalario Quirón e realizouse un estudo entre os asistentes para valorar o grao de coñecemento que teñen os traballadores respecto a este risco.

 Con esta iniciativa, ambas as dúas entidades pretenden reducir significativamente a sinistralidade laboral, así como mellorar e aumentar os coñecementos dos traballadores a nivel preventivo.