---
title: "O SECRETARIO DE ESTADO DA SEGURIDADE SOCIAL INAUGUROU EN LEÓN A EXPOSICIÓN \"TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/o-secretario-de-estado-da-seguridade-social-inaugurou-en-leon-exposicion-traballo-e-saude"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/el-secretario-de-estado-de-la-seguridad-social-ha-inaugurado-en-leon-la-exposicion-trabajo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/el-secretari-destat-de-la-seguretat-social-ha-inaugurat-lleo-lexposicio-treball-i-salut"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/gizarte-segurantzako-estatu-idazkariak-lana-eta-osasuna-babesetik-prebentziora-erakusketa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/o-secretario-de-estado-da-seguridade-social-inaugurou-en-leon-exposicion-traballo-e-saude"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# O SECRETARIO DE ESTADO DA SEGURIDADE SOCIAL INAUGUROU EN LEÓN A EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"



14/02/2011

General

A exposición itinerante "Traballo e Saúde: dende a protección á prevención" foi inaugurada en León o 11 de febreiro onde estará ata o próximo 20 de marzo.

 No acto interviñeron o Secretario de Estado para a [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Octavio Granado, o Vicepresidente segundo da Junta de Castilla y León Tomás Villanueva, a Secretaria de [Saúde Laboral](/gl-ES/saude-laboral) de UXT, Marisa Rufino, o presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez, o [Director Xerente](/gl-ES/director-xerente) de Fraternidad Muprespa, Carlos Aranda, e o comisario da exposición, Emili Castejón.

Octavio Granado nas súas declaracións indicou que é necesario gastar máis en prevención e menos en evitar as [consecuencias](/gl-ES/consecuencias) das enfermidades.

O Presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez insistiu na necesidade de fomentar a cultura da prevención e que esta se instaure nas empresas.

Carlos Aranda insistiu en que a mellora das condicións de traballo é un labor de todos e, malia avanzarmos moito neste terreo, aínda queda moito por facer. Engadindo que a divulgación e a sensibilización son básicas.

 A exposición está situada no Museo de León, Edificio Pallarés na Praza de Santo Domingo, 8 e despois continuará o seu percorrido por cidades como Xixón e A Coruña.

   
 [Descargar](;) TRÍPTICO   
 [Acceder](http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode=&q=Plaza+de+Santo+Domingo,+8.+24002+Edificio+Pallar%C3%A9s&aq=&sll=42.409263,-5.572815&sspn=1.370874,2.469177&ie=UTF8&hq=Edificio+Pallar%C3%A9s&hnear=Plaza+de+Santo+Domingo,+24002+Le%C3%B3n,+Castilla+y+Le%C3%B3n&ll=42.597576,-5.572064&spn=0.011073,0.01929&z=16) UBICACIÓ DE L'ESPOSICIÓ  
   
 [Acceder](http://www.expotrabajoysalud.com) EXPOTRABAJOYSALUD.ES   
 "Su Mutua - Calidad y Servicio, 365 días al año"