---
title: "A Plataforma de ONG de Acción Social presenta en Fraternidad-Muprespa a campaña do “X Solidario”"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/plataforma-de-ong-de-accion-social-presenta-en-fraternidad-muprespa-campana-do-x-solidario"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-plataforma-de-ong-de-accion-social-presenta-en-fraternidad-muprespa-la-campana-de-la-x"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-plataforma-dong-daccio-social-presenta-fraternidad-muprespa-la-campanya-de-la-x"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/x-elkartasuna-kanpainaren-aurkezpena-fraternidad-muprespa-mutualitatean"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/plataforma-de-ong-de-accion-social-presenta-en-fraternidad-muprespa-campana-do-x-solidario"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/the-social-action-ngo-platform-presents-the-x-solidaria-campaign-at-fraternidad-muprespa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A Plataforma de ONG de Acción Social presenta en Fraternidad-Muprespa a campaña do “X Solidario”



10/03/2020

Reunións de traballo

Población

Madrid

 

Este martes levouse a cabo unha reunión en virtude do acordo de colaboración que se asinou o ano pasado coa Plataforma de ONG de Acción Social. A súa directora, María Luisa Gómez Crespo, e a responsable do Departamento de Comunicación, Marta García, da Plataforma de ONG de Acción Social reuníronse con Natalia Fdez. Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación de Fraternidad-Muprespa, Miguel Ángel Quesada, director do Departamento de Comunicación e Relacións Institucionais, e Juan José Herrera, xefe de Área de Web e Deseño, para presentarnos a súa nova campaña para marcar o X Solidario na declaración da renda.

Os beneficios recadados destináronse tanto a proxectos sociais, proxectos de cooperación ao desenvolvemento e proxectos de investigación dentro do Ministerio de Medio Ambiente. Pola súa banda, Natalia Fdez. Laviada mostrou todo o seu apoio:

> Dende a Mutua, pola nosa misión e fins, é un orgullo poder contribuír con este proxecto.

Entre as súas novidades, crearon diferentes vídeos informativos sobre como facelo, a que proxectos vai destinado e a compatibilidade de marcar tanto a casa 106 “Actividades de interese social” coa casa da Igrexa. Ademais, irá acompañada de banners, anuncios en radio e televisión.

Dende Fraternidad-Muprespa apoiamos as novas accións que se van levar a cabo dende a Plataforma de ONG de Acción Social durante os próximos meses coa campaña do X Solidario.