---
title: "PRESENTACIÓN DA GUÍA DE PRL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/presentacion-da-guia-de-prl-con-perspectiva-de-xenero"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/presentacion-de-la-guia-de-prl-con-perspectiva-de-genero"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/presentacio-de-la-guia-de-prl-amb-perspectiva-de-genere"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/aurkezpena-lap-i-buruzko-gida-generoaren-ikuspuntutik"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/presentacion-da-guia-de-prl-con-perspectiva-de-xenero"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# PRESENTACIÓN DA GUÍA DE PRL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO



16/11/2016

Novedades

Fraternidad-Muprespa, o Instituto Asturiano da Muller e o Instituto de Prevención de Riscos Laborais presentaron o 15 de novembro o convenio de colaboración que asinarán proximamente, cuxo obxectivo é elaborar unha “Guía de boas prácticas en [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) con perspectiva de xénero”.

Almudena Cueto Sánchez, directora xeral do Instituto Asturiano da Muller, Ofelia García Hevia, directora da área de [Hixiene Industrial](/gl-ES/hixiene-industrial) do InstitutoAsturiano de Prevención de Riscos Laborais e Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación de Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), foron as encargadas de expoñer este convenio, que servirá de referente ás empresas asturianas para que dunha forma eminentemente práctica, se establezan as medidas e procedementos mínimos que deben asumir para mellorar a saúde das súas traballadoras.  
   
 As tres entidades declararon o seu compromiso coa igualdade así como coa divulgación, educación e sensibilización en prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Tamén fixaron como ulterior obxectivo, sempre partindo dende a [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), lograr un enfoque integral que englobe a protección e a promoción da saúde, que aborde cuestións relacionadas tanto coa organización laboral, coma cos factores de riscos individuais, incluíndo formación, liderado, conciliación, motivación e desenvolvemento persoal, co fin de conseguir un envellecemento máis saudable das mulleres desta rexión.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"