---
title: "PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E SEGURIDADE ALIMENTARIA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/prevencion-de-riscos-laborais-e-seguridade-alimentaria"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/prevencion-de-riesgos-laborales-y-seguridad-alimentaria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/prevencio-de-riscos-laborals-i-seguretat-alimentaria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/lan-arriskuen-prebentzioa-eta-elikadura-segurtasuna"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/prevencion-de-riscos-laborais-e-seguridade-alimentaria"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E SEGURIDADE ALIMENTARIA



07/11/2016

Novedades

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, colaborou coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Almería (ASHAL) nunhas xornadas sobre [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) e Seguridade Alimentaria que se desenvolveron durante toda a semana. Estas estiveron dirixidas a traballadores de diferentes establecementos hostaleiros da capital almeriense.

Isabel Juan, directora de ASHAL, presentou a xornada e agradeceu a [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) a súa colaboración neste proxecto. Tamén comentou a importancia de “formar de xeito integral os traballadores deste sector”, resaltando a obrigatoriedade de cumprir de xeito estrito coas normas de seguridade en cociñas e establecementos semellantes.

Alfonso Gerez Miras, técnico do departamento de Prevención e Desenvolvemento da cultura da Saúde da Mutua, impartiu un interesante relatorio no que interactuou cos alumnos, explicándolles os riscos máis importantes no posto de traballo de axudante de cociña e as medidas preventivas de aplicación.

A xornada rematou coa valoración positiva dos alumnos, que demostraron grande interese na seguridade e saúde no posto de traballo.

Agradecemos a ASHAL que contara coa nosa Entidade para a realización destas xornadas e quedamos á súa disposición para futuros eventos.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"