---
title: "SINATURA DE CONVENIO ENTRE A UNIVERSIDADE DE XAÉN E FRATERNIDAD-MUPRESPA: XORNADA SOBRE O ENVELLECEMENTO ACTIVO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/sinatura-de-convenio-entre-universidade-de-xaen-e-fraternidad-muprespa-xornada-sobre-o"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/firma-de-convenio-entre-la-universidad-de-jaen-y-fraternidad-muprespa-jornada-sobre-el"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/signatura-de-conveni-entre-la-universitat-de-jaen-i-fraternidad-muprespa-jornada-sobre"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/hitzarmena-sinatu-dute-jaengo-unibertsitateak-eta-fraternidad-muprespak-zahartze-aktiboari"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/sinatura-de-convenio-entre-universidade-de-xaen-e-fraternidad-muprespa-xornada-sobre-o"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# SINATURA DE CONVENIO ENTRE A UNIVERSIDADE DE XAÉN E FRATERNIDAD-MUPRESPA: XORNADA SOBRE O ENVELLECEMENTO ACTIVO



11/11/2016

Novedades

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa e a Universidade de Xaén colaboraron nesta ocasión para levar a cabo unha interesante xornada, baixo o título "A promoción da vida laboral sostible: Traballos saudables en cada idade: “O envellecemento activo e estratexias para afrontalo”.

Esta xornada celebrouse sobre a base do convenio asinado entre a Universidade de Xaén e [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), que prevé o establecemento e desenvolvemento de relacións académicas, culturais e científicas entre ambas as dúas entidades. Con el poténciase a organización e realización de accións formativas.

Como exemplo esta xornada que está enmarcada no Máster de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) que se imparte na devandita Universidade, celebrouse o pasado 10 de novembro na Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas. A xornada estivo dirixida aos alumnos do máster, e tamén contou coa presenza de profesores da propia universidade, representantes de empresas e asesores laborais.  
   
 Manuel García Jiménez, director do Máster en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) da Universidade de Xaén, inaugurou a xornada presentando e dando a palabra a Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), quen realizou unha presentación na que destacou que “As empresas, os axentes sociais e as institucións temos o deber de deseñar e ofrecer unhas condicións de traballo seguras e saudables que teñan en conta o factor da idade durante o ciclo completo da vida profesional das persoas”. Non se pode obviar “que o número de ocupados con máis de 65 anos creceu un 28 % nos dous últimos anos. Existen na actualidade 162.600 persoas, entre traballadores por conta propia e asalariados, dentro deste colectivo”.  
   
 A continuación, Cristóbal Molina Navarrete, catedrático de Dereito do Traballo e da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) da Universidade de Xaén, presentou un interesante relatorio sobre o envellecemento activo e o emprego: políticas públicas e experiencias de xestión.   
   
 Cumprindo coa orde do programa, Juan Guasch Farrás, director do Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona do INSHT, presentou a campaña 2016-2017 sobre “Traballos saudables en cada idade”. Esta campaña pretende sensibilizar sobre a importancia de contar cunha boa xestión da seguridade e a saúde no traballo (SST) ao longo de toda a vida laboral, así como de adaptar o traballo ás capacidades de cada [traballador](/gl-ES/traballador) dende o inicio ata o final da súa carreira profesional.  
   
 A continuación, interveu Yolanda Sánchez-Urán Azaña, profesora titular de Dereito do Traballo e da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) da Universidade Complutense de Madrid, quen falou sobre a “protección social e política de envellecemento activo”.  
   
 “As políticas públicas sobre o envellecemento activo, valoración dende a Administración Pública e as Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social)” foron expostas respectivamente por Andrés Trillo García, letrado xefe do Servizo no [Instituto Nacional da Seguridade Social](/gl-ES/instituto-nacional-da-seguridade-social) e por Antonio de Cos Blanco, director do departamento de [Servizo de Prevención](/gl-ES/servizo-de-prevencion) Propio de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa).  
   
 A clausura foi a cargo de Isabel Ramos Vázquez, decana da Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas da Universidade de Xaén, quen agradeceu a todos os asistentes a súa presenza.  
   
 Unha vez máis, [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) continúa a súa aposta pola formación, a transparencia e a colaboración con diferentes organismos e entidades.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"