---
title: "Solicitude de Cesamento de Actividade do Traballador Autónomo (CATA) por COVID-19"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/solicitude-de-cesamento-de-actividade-do-traballador-autonomo-cata-por-covid-19"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/solicitud-de-cese-de-actividad-del-trabajador-autonomo-cata-por-covid-19"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sollicitud-de-cessament-dactivitat-del-treballador-autonom-cata-covid-19"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/langile-autonomoaren-jarduera-eteteko-eskaera-cata-covid-19-birusarengatik"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/solicitude-de-cesamento-de-actividade-do-traballador-autonomo-cata-por-covid-19"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/request-for-cessation-of-activity-of-the-self-employed-worker-cata-due-to-covid-19"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Solicitude de Cesamento de Actividade do Traballador Autónomo (CATA) por COVID-19



19/03/2020

General

En Fraternidad-Muprespa somos conscientes do impacto que está a ter a crise do coronavirus COVID-19 en todas as familias e negocios, polo que daremos todas as facilidades para que poida solicitar as prestacións que foron xurdindo en resposta ás necesidades sobrevidas.

Onte publicouse o Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. No seu artigo 17 créase unha nova “Prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os afectados por declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”.

CANLES DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Dado que, e en cumprimento do establecido no protocolo do estado de alarma, os nosos centros están pechados ou co mínimo persoal necesario, habilitáronse dúas canles para que poida xestionar esta nova prestación:

* Canle 1. Oficina Dixital: se vostede xa é usuario desta vía ou quere darse de alta, poderá solicitar de forma online esta prestación. A súa solicitude asignarase a un xestor persoal e tratarase de resolver nun prazo rápido.

[ACCESO Á OFICINA DIXITAL](https://extranet.fraternidad.com/fraternidad.extranet.ae.web/login/login.aspx?tu=16)

* Canle 2. Caixa de correo: na seguinte [listaxe](https://www.fraternidad.com/es-ES/comuniquese-por-correo-electronico-con-su-delegacion) poderá comprobar, en función do seu centro máis próximo, o correo electrónico ao que facer chegar a súa solicitude e a documentación anexa. A súa solicitude será analizada coa maior brevidade posible polos nosos xestores.

QUEN PODE SOLICITAR ESTA NOVA PRESTACIÓN?

1. Traballadores autónomos que tivesen que pechar o seu negocio (aberto ao público), en cumprimento das restricións operadas polo estado de alarma, e que non puidesen continuar a prestación de servizos na modalidade de traballo a distancia. 
    * Exemplos incluídos: cafetarías, restaurantes, tendas de roupa, ferraxarías...
    * Exemplos non incluídos: tendas online, mercados, xestorías (agás que acrediten a imposibilidade de teletraballar), farmacias, ópticas...
2. Traballadores autónomos que, malia que podan manter aberto o seu negocio, acrediten un descenso nos seus ingresos do último mes superiores ao 75% dos que tiveron, de media, no último semestre.

QUE DOCUMENTACIÓN DEBERÁ ACHEGAR?

En todos os casos, deberá presentar:

* Modelo de solicitude de prestación por cesamento de actividade (está dispoñible o formulario online na nosa Oficina Dixital e en formato PDF [a nosa web](https://www.fraternidad.com/es-ES/download/formulario-prestacion-por-cese-de-actividad)).
* Fotocopia do DNI/[NIE](/gl-ES/nie)/pasaporte.
* Fotocopia ou fotografía dos tres últimos boletíns de cotización.
* Certificado da [TGSS](/gl-ES/tgss) de estar ao corrente do pagamento das súas cotas.
* [Modelo 145 IRPF - Comunicación de datos ao pagador.](https://www.fraternidad.com/es-ES/download/modelo-145-irpf-comunicacion-datos-al-pagador)
* No caso de declarar fillos a cargo, fotocopia ou fotografía do libro de familia.

Ao longo da tramitación do seu caso, podería requirirse outra documentación.  
   
No primeiro dos supostos (peche do negocio aberto ao público) deberá presentar a solicitude de prestación por cesamento de actividade informando o apartado 6 do seguinte xeito:

![Peche de negocio aberto ao público]()Cubrindo os campos en vermello segundo corresponda.

No segundo dos supostos (perdas de ingresos superiores ao 75% no último mes respecto á media do último semestre) deberá presentar a solicitude de prestación por cesamento de actividade informando o apartado 6 do seguinte xeito:

![Perdas de ingresos superiores ao 75 por cento no último mes respecto á media do último semestre]()Onde a data de cesamento da actividade será o último día do mes en que estea a acreditar a diminución do 75% dos ingresos respecto ao último semestre e cubrindo os datos en vermello segundo corresponda.

Ademais, neste segundo suposto, deberán remitirse adicionalmente:

* Modelo 130 - dos catro trimestres de 2019.
* Modelo 131 - do último trimestre de 2019. 
    * Conta de perdas e ganancias analizada mes a mes de todo o ano 2019.
    * Conta de perdas e ganancias analizada de xaneiro, febreiro e marzo de 2020.