---
title: "Taller de primeiros auxilios impartido por Fraternidad-Muprespa no Barco de Valdeorras"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/taller-de-primeiros-auxilios-impartido-por-fraternidad-muprespa-no-barco-de-valdeorras"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/taller-de-primeros-auxilios-impartido-por-fraternidad-muprespa-en-barco-de-valdeorras"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/taller-de-primers-auxilis-impartit-fraternidad-muprespa-barco-de-valdeorras"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-barco-de-valdeorrasen-eskainitako-lehen-sorospenei-buruzko-tailerra"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/taller-de-primeiros-auxilios-impartido-por-fraternidad-muprespa-no-barco-de-valdeorras"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Taller de primeiros auxilios impartido por Fraternidad-Muprespa no Barco de Valdeorras



04/05/2017

Semana de la prevención

O Concello da Rúa, en colaboración con Fraternidad-Muprespa, organizou para os seus traballadores un curso avanzado de primeiros auxilios. Este tivo lugar nas instalacións do Centro Cultural Avenida.

A presentación do taller correu a cargo de José Manuel Sampayo, director provincial de Fraternidad-Muprespa, quen agradeceu a todos os presentes a súa asistencia e, a continuación, cedeu a palabra a Leandro de Justo e Romina Pérez, director e DUE respectivamente de Fraternidad-Muprespa no Barco.

A xornada constou dunha parte teórica e outra práctica, na que se realizaron exercicios de respiración, boca a boca e de masaxe cardíaca.

Os asistentes destacaron a utilidade do curso e obtiveron un diploma certificado da súa asistencia.