---
title: "Taller de primeiros auxilios organizado en Xaén por Fraternidad-Muprespa "
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/taller-de-primeiros-auxilios-organizado-en-xaen-por-fraternidad-muprespa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/taller-de-primeros-auxilios-organizado-en-jaen-por-fraternidad-muprespa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/taller-de-primers-auxilis-organitzat-jaen-fraternidad-muprespa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-jaenen-antolatutako-lehen-sorospenei-buruzko-tailerra"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/taller-de-primeiros-auxilios-organizado-en-xaen-por-fraternidad-muprespa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Taller de primeiros auxilios organizado en Xaén por Fraternidad-Muprespa 



03/05/2017

Semana de la prevención

O pasado 27 de abril, a Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, realizou en Xaén unha xornada denominada “Taller de primeiros auxilios” enmarcada na II Semana de Prevención que a nosa Entidade organizou en todo o territorio nacional.

O acto estivo dirixido principalmente a traballadores das nosas empresas mutualistas.

O director provincial de Fraternidad-Muprespa en Xaén, Ángel Gilabert, agradeceu a presenza a todos os asistentes e presentou a xornada facendo fincapé nos numerosos talleres e actos que a Mutua planificou en todo o territorio nacional e, máis concretamente, na provincia de Xaén.

A continuación, a DUE do centro asistencial da Mutua en Xaén, Guillermina Reig, desenvolveu o taller que xerou grande interese e participación por parte dos asistentes, os cales formularon preguntas que foron atendidas moi satisfactoriamente.

A xornada foi moi ben valorada por todos os presentes.