---
title: "TELEFÓNICA SS.AU., EMPRESA ASOCIADA A FRATERNIDAD-MUPRESPA, OBTÉN A CERTIFICACIÓN DE EMPRESA SAUDABLE"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/telefonica-ssau-empresa-asociada-fraternidad-muprespa-obten-certificacion-de-empresa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/telefonica-sau-empresa-asociada-fraternidad-muprespa-obtiene-la-certificacion-de-empresa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/telefonica-ssau-empresa-associada-fraternidad-muprespa-obte-la-certificacio-dempresa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/telefonica-ssau-enpresak-fraternidad-muprespa-ri-lotuta-dagoenak-enpresa-osasungarriaren"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/telefonica-ssau-empresa-asociada-fraternidad-muprespa-obten-certificacion-de-empresa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TELEFÓNICA SS.AU., EMPRESA ASOCIADA A FRATERNIDAD-MUPRESPA, OBTÉN A CERTIFICACIÓN DE EMPRESA SAUDABLE



04/01/2016

General

Telefónica, empresa asociada á Mutua colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, recibiu da man de Applus+, primeira multinacional de certificación, inspección e ensaios de España, a certificación de Empresa Saudable, que ten unha validez trianual e seguimento anual.  
   
 A Certificación do Modelo de Empresa Saudable SGIS identifica e permite diferenciar organizacións comprometidas coa saúde, seguridade e benestar dos traballadores e a sostibilidade do seu ambiente de traballo.   
  
 O xerente do Servizo Mancomunado e [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), Dirección RRHH e Transformación de Telefónica D. José Francisco Rodríguez recibiu a certificación en nome de Telefónica.  
   
 Telefónica é a primeira empresa do sector das telecomunicacións certificada por Applus+ baixo este referencial.  
  
 Dende [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) dámoslle a Telefónica a nosa máis sincera felicitación polo certificado obtido.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"