---
title: "Ti podes facer a túa declaración da renda máis solidaria"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2022-04-07"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/ti-podes-facer-tua-declaracion-da-renda-mais-solidaria"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/tu-puedes-hacer-tu-declaracion-de-la-renta-mas-solidaria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/tu-pots-fer-la-teva-declaracio-de-la-renda-mes-solidaria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/zure-errenta-aitorpena-solidarioagoa-egin-dezakezu"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/ti-podes-facer-tua-declaracion-da-renda-mais-solidaria"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/you-can-make-your-tax-return-more-supportive"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Ti podes facer a túa declaración da renda máis solidaria



01/04/2020

Acordos de colaboración

Entre o 1 de abril e o 30 de xuño, está en vigor o prazo para presentar a declaración da renda, un trámite que segue vixente a pesar da declaración do estado de alarma e que afecta a moitos trámites administrativos.

Fraternidad-Muprespa [subscribiu en 2019 un acordo de colaboración](https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-firma-un-convenio-con-la-plataforma-de-ong-de-accion-social) coa Plataforma de ONG de Acción Social. Trátase dunha organización de ámbito estatal que agrupa 33 entidades non gobernamentais que traballan a favor de colectivos vulnerables e en prol da loita contra a exclusión social. Promoven dende 2002 esta campaña denominada “X Solidario”, que destina o diñeiro recadado á axuda de miles de persoas en situación de vulnerabilidade.

Como saben os contribuíntes, unha parte dos impostos pódense destinar a actividades de Interese Social, á Igrexa ou a ambos os dous fins, de marcaren ambas as dúas casas. Elixir unha, outra ou ambas as dúas non implica pagar máis ou que a devolución sexa menor.

“Hai quen pensa que se se marcan as dúas casas se reparte o 0,7% do imposto da renda entre ambas as dúas, pero non é así: de marcar ambas as dúas casas, destínase un 0,7% a cada unha das causas, polo que se duplica o importe destinado a causas sociais. É importante que as persoas que marcan exclusivamente a casa da Igrexa saiban que, se ademais marcasen a casa de Actividades de Interese Social, estarían a favorecer o desenvolvemento de proxectos sociais de ONG vinculadas á Igrexa Católica que tamén xestionan proxectos no marco da convocatoria de subvencións, e viceversa”, afirma Asunción Montero, presidenta da plataforma.

Pola súa banda Natalia Fdez. Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación da Mutua, destacou que o importe recadado se destina a programas dirixidos a persoas maiores, con discapacidade, á xuventude, mulleres, familias... e, en xeral, a loitar contra a pobreza e a exclusión social. Isto é o que move a Fraternidad-Muprespa a adherirse a esta iniciativa, que non resta e si suma para os máis desfavorecidos.”