---
title: "TIVO LUGAR EN ALMERÍA UNHA XORNADA DE DIVULGACIÓN DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA (CAMPAÑA BONUS 2010)"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-almeria-unha-xornada-de-divulgacion-da-mutua-fraternidad-muprespa-campana"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-almeria-una-jornada-de-divulgacion-de-la-mutua-fraternidad-muprespa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-almeria-una-jornada-de-divulgacio-de-la-mutua-fraternidad-muprespa-campanya"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatea-ezagutarazteko-jardunaldia-egin-da-almerian-2010eko"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-almeria-unha-xornada-de-divulgacion-da-mutua-fraternidad-muprespa-campana"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN ALMERÍA UNHA XORNADA DE DIVULGACIÓN DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA (CAMPAÑA BONUS 2010)



27/04/2011

General

 Froito da nosa aposta pola [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), o pasado día 14 de abril impartiuse na sala de formación da dirección provincial de Fraternidad Muprespa en Almería unha xornada informativa sobre o RD 404/2010, polo que se establece un sistema de redución nas cotizacións por continxencias profesionais para aquelas empresas que contribúan a unha redución eficaz dos accidentes laborais.

 Os obxectivos da xornada, que foi presentada e impartida por D. Alfonso Gerez Miras, técnico en [PRL](/gl-ES/prl) da dirección provincial, foron, en primeiro lugar, explicar os requisitos necesarios para acceder ás devanditas bonificacións e, ademais, informar das vantaxes que ten para as empresas acceder anualmente a este sistema de bonificación.

 Produciuse unha ampla asistencia de empresas asociadas e colaboradores de todas as zonas da provincia, que destacaron a importancia do Real decreto, xa que vai ser outro novo impulso para que as empresas sigan investindo en mellorar as condicións laborais dos traballadores.

 A xornada pechouse pasado o mediodía, despois de varias horas de información e debate.

   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"