---
title: "TIVO LUGAR EN LANZAROTE UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-lanzarote-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-he-celebrado-en-lanzarote-una-jornada-divulgativa-para-empresas-y-colaboradores-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-lanzarote-una-jornada-divulgativa-empreses-i-collaboradors-de-fraternidad"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatea-ezagutarazteko-jardunaldia-egin-da-lanzaroten-enpresa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-lanzarote-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN LANZAROTE UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA



29/04/2011

General

 Agradable xornada, o pasado 27 de abril, no seo da Cámara de [Comercio](/gl-ES/comercio) de Lanzarote, para empresarios e colaboradores da Mutua, así como para outros asistentes invitados pola Cámara.

 O secretario da Cámara abriu o acto agradecendo a Fraternidad Muprespa levar ata as súas [sedes](/gl-ES/sedes) esta iniciativa, que augura vai prolongarse no futuro, entre Fraternidad e Cámara de [Comercio](/gl-ES/comercio) de Lanzarote.

 O acto contou con máis de 20 asistentes e dous relatores: Julio Santos, director de Rede de Fraternidad Muprespa, que falou sobre a extranet, e Pedro Varona, técnico de prevención, tamén da Mutua, que expuxo a campaña do Bonus 2010.

 O delegado da Mutua, Pedro Figueras, tomou logo a palabra: agradeceu a asistencia e explicou os novos retos da Comunicación da nosa Mutua como "misión" principal da nosa Estratexia de futuro, así como a importancia de establecer unhas relacións de futuro entre Cámara e Mutua, agradecendo a aquela o seu apoio para que estas xornadas e outras se desenvolvesen para todo o empresariado da illa.

   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"