---
title: "TIVO LUGAR EN MÁLAGA UNHA XORNADA SOBRE REDUCIÓN DE COTIZACIÓNS POR DIMINUCIÓN DA SINISTRALIDADE LABORAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-malaga-unha-xornada-sobre-reducion-de-cotizacions-por-diminucion-da"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-malaga-una-jornada-sobre-reduccion-de-cotizaciones-por-disminucion-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-malaga-una-jornada-sobre-reduccio-de-cotitzacions-disminucio-de-la"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/lan-ezbeharrak-murrizteagatiko-kotizazio-murrizketei-buruzko-jardunaldia-egin-da-malagan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-malaga-unha-xornada-sobre-reducion-de-cotizacions-por-diminucion-da"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN MÁLAGA UNHA XORNADA SOBRE REDUCIÓN DE COTIZACIÓNS POR DIMINUCIÓN DA SINISTRALIDADE LABORAL



06/05/2011

General

 O pasado mércores, 4 de maio, tivo lugar na Dirección Provincial de Fraternidad Muprespa de Málaga unha xornada informativa sobre o Real decreto 404/2010 do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que tivesen contribuído especialmente á diminución e prevención da sinistralidade laboral.

 A xornada estivo aberta a empresarios, asesores laborais e persoas con responsabilidades no ámbito da xestión e da [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) en empresas e institucións.

 Expúxose o contido básico do Real decreto e tratáronse detidamente os trámites necesarios para realizar as solicitudes da campaña 2010, e abordando aspectos concretos a partir dos casos que expoñían os asistentes.

 A xornada foi presentada por D. José Manuel Crespo Figuerola, director provincial de Fraternidad Muprespa en Málaga, e como relator actuou D. José Luis Haro Alcázar, técnico superior en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) da Mutua.

   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"