---
title: "TIVO LUGAR EN MURCIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-murcia-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de-fraternidad"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-murcia-una-jornada-divulgativa-para-empresas-y-colaboradores-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-murcia-una-jornada-divulgativa-empreses-i-collaboradors-de-fraternidad"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatea-ezagutarazteko-jardunaldia-egin-da-murtzian-enpresa-eta"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-murcia-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de-fraternidad"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN MURCIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA



10/05/2011

General

 O pasado venres 6 de maio tivo lugar unha xornada tanto para asesores coma para representantes de empresas asociadas a [Fraternidad Muprespa](/).

 A xornada foi presentada por D. Alejandro López Briones, director provincial de Murcia, cunha introdución, facendo unha breve referencia á campaña do bonus 2010, así como á importancia da extranet como instrumento de xestión para as empresas e colaboradores, non só para o bonus senón tamén para todos aqueles aspectos relacionado cos servizos da mutua.

 A continuación, interveu D. Jesús Manuel López Pérez, técnico superior de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), quen abordou a charla técnica, falando tanto dos requisitos e procedemento de solicitude do Bonus coma dos servizos e acceso á extranet.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"