---
title: "TIVO LUGAR EN NAVARRA O ENCONTRO ANUAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE NAVARRA COA PARTICIPACIÓN DE FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-navarra-o-encontro-anual-de-graduados-sociais-de-navarra-coa-participacion"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-navarra-el-encuentro-anual-de-graduados-sociales-de-navarra-con-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-navarra-la-trobada-anual-de-graduats-socials-de-navarra-amb-la-participacio"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/nafarroako-lan-herremanetako-graduatuen-urteroko-topaketa-egin-da-nafarroan-eta"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-navarra-o-encontro-anual-de-graduados-sociais-de-navarra-coa-participacion"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN NAVARRA O ENCONTRO ANUAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE NAVARRA COA PARTICIPACIÓN DE FRATERNIDAD MUPRESPA



09/05/2011

General

 O pasado venres 6 de maio tivo lugar no salón de actos do Colexio de Médicos de Pamplona, o Encontro Anual de Graduados Sociais de Navarra.

 [Fraternidad Muprespa](/) participou neste encontro, ao que asistiron uns 100 colexiados de toda a provincia, e cuxo asunto central foi a reforma das pensións e a súa repercusión na sociedade.

 Tras unha breve presentación do presidente do Colexio, D. Pedro María Úcar e unha introdución do director provincial de Fraternidad Muprespa D. José Ignacio Díaz Lucas, presentaron os seus relatorios os Sres. D. Francisco Javier Aibar, director xeral da [Tesouraría Xeral da Seguridade Social](/gl-ES/tesouraria-xeral-da-seguridade-social), e D. José Antonio Panizo, director xeral do [Instituto Nacional da Seguridade Social](/gl-ES/instituto-nacional-da-seguridade-social).

 Posteriormente, o acto seguiu cunha mesa coloquio sobre concertación social na que participaron D. Jose Antonio Sarría, presidente da Confederación de Empresarios de Navarra, D. Juan Goyen, secretario xeral de UGT Navarra e D. José María Molinero, secretario xeral de CC.OO. en Navarra.

 O acto finalizou cunha amena cea.

   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"