---
title: "TIVO LUGAR EN PALENCIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-palencia-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-palencia-una-jornada-divulgativa-para-empresas-y-colaboradores-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-palencia-una-jornada-divulgativa-empreses-i-collaboradors-de-fraternidad"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatea-ezagutarazteko-jardunaldia-egin-da-palentzian-enpresa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-palencia-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN PALENCIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA



10/05/2011

General

 Onte día 9 de maio [Fraternidad Muprespa](/) organizou en Palencia unha xornada en colaboración co [INSS](/gl-ES/inss) e o Colexio Oficial de Graduados Sociais.

 Tivo lugar no Hotel Castilla Vieja de Palencia con grande asistencia de público.

 Para a difusión da xornada utilizouse exclusivamente o correo electrónico e a rede social Facebook, prescindindo da impresión en papel e os convites de imprenta.

 A presentación da xornada correu a cargo de Esther Urraca Fernández, presidenta do Colexio de Graduados Sociais de Palencia, que agradeceu a Fraternidad Muprespa o convite.

 Ao rematar a súa intervención, deu paso á presentación dos servizos extranet para colaboradores e empresas. Realizou a exposición Javier Saldaña Arroyo, director provincial de Fraternidad Muprespa en Palencia.

 Posteriormente, comezou unha mesa redonda sobre as "Novas prestacións a cargo das mutuas de [accidente](/gl-ES/accidente) de traballo", na que participaron Ángel Herrero Asenjo, subdirector provincial de Incapacidades do [INSS](/gl-ES/inss), quen fixo unha exposición sobre a prestación por cesamento dos traballadores autónomos, a prestación por risco de embarazo e lactación e a nova prestación para pais con fillos que padecen enfermidades graves, á que responderon cos seus comentarios, Julio Santos Palacios, director do Departamento de Relacións coa Rede de Fraternidad Muprespa e Jesús Francisco Fernández Durántez, vicepresidente do Colexio de Graduados Sociais de Palencia.

 Clausurou a xornada a directora provincial do [Instituto Nacional da Seguridade Social](/gl-ES/instituto-nacional-da-seguridade-social) ([INSS](/gl-ES/inss)) e a Tesouraría Xeral da Seguridad Social ([TGSS](/gl-ES/tgss)) de Palencia, Lourdes Maté Barbero, con palabras de agradecemento para Fraternidad Muprespa.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"