---
title: "TIVO LUGAR EN SEGOVIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA E O COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-segovia-unha-xornada-divulgativa-de-fraternidad-muprespa-e-o-colexio-oficial"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-segovia-una-jornada-divulgativa-de-fraternidad-muprespa-y-el-colegio"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-segovia-una-jornada-divulgativa-de-fraternidad-muprespa-i-el-collegi-oficial"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatea-eta-graduatuen-elkargo-ofiziala-ezagutarazteko"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-segovia-unha-xornada-divulgativa-de-fraternidad-muprespa-e-o-colexio-oficial"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN SEGOVIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA E O COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS



03/05/2011

General

 O pasado xoves 28 de abril, na aula de formación do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Segovia, tivo lugar, coa colaboración de [Fraternidad Muprespa](/), unha xornada informativa sobre a Redución de cotizacións por diminución da sinistralidade laboral - Bonus Campaña 2010 e sobre os Servizos electrónicos para colaboradores e empresas.

 Foron invitados graduados sociais (algúns que están exercendo e outros que non), asesores laborais e empresas asociadas.

 A xornada foi presentada e moderada polo Ilmo. Sr. José Luis Benito Bermejo, presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Segovia.

 O presidente do Colexio de Graduados Sociais abriu o acto presentando os compoñentes da mesa e agradecendo a Fraternidad Muprespa a colaboración na organización desta xornada.

 D. Miguel Ángel de la Torre Santos, director provincial de Fraternidad Muprespa en Segovia, agradeceu aos asistentes a súa presenza na xornada e ao Colexio de Graduados Sociais a súa inestimable colaboración na organización do evento.

 O moderador presentou a D.ª M.ª Mar Morales González, directora do Departamento de Prevención [AT](/gl-ES/at) e [EP](/gl-ES/ep), relatora do tema Bonus Campaña 2010.

 Unha vez rematada a exposición do Bonus, o moderador presentou a D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información, relator do tema Servizos electrónicos para colaboradores e empresas.

 Os colaboradores e empresas asistentes participaron activamente durante toda a sesión. Entregóuselles a documentación relativa ao Bonus e a nosa extranet.

   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"