---
title: "TIVO LUGAR EN TARRAGONA UNHA XORNADA INFORMATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-tarragona-unha-xornada-informativa-de-fraternidad-muprespa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-tarragona-una-jornada-informativa-de-fraternidad-muprespa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-tarragona-una-jornada-informativa-de-fraternidad-muprespa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatearen-informazio-jardunaldia-egin-da-tarragonan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-tarragona-unha-xornada-informativa-de-fraternidad-muprespa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN TARRAGONA UNHA XORNADA INFORMATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA



05/05/2011

General

 Onte mércores, día 4 de maio, [Fraternidad Muprespa](/) organizou unha Xornada Informativa para empresas e colaboradores, que contou cunha ampla asistencia de empresas e colaboradores da provincia de Tarragona.

 A xornada foi presentada e moderada por D. Carlos Sáez de Juan, director territorial de Cataluña e Aragón, quen destacou o compromiso de proximidade que ten [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) coas súas empresas e colaboradores, así como a importancia que ten para a mutua a recente posta en marcha do seu Plan Estratéxico.

 Seguidamente, foi presentado D. Eduardo Castro Pérez, director do Departamento de Prestacións Económicas, quen informou amplamente sobre as prestacións por risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural, cesamento de actividade dos traballadores autónomos e, por último, a prestación por coidado de menores afectados por cancro ou enfermidade grave.

 Seguidamente, D. Arturo Jesús Ortega de Pablo, técnico superior en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), explicou os requisitos necesarios para acceder ás bonificacións profesionais do RD 404/2010 (Bonus) e as vantaxes de solicitalas, anualmente, ademais de aconsellar o uso da extranet da mutua para facilitar o seu trámite.

 Finalmente, interveu D. Sergi Frontons Isern, director do Departamento de Desenvolvemento Mutual, quen expuxo as características e vantaxes que ofrece a extranet de Fraternidad Muprespa a colaboradores e empresas.

 Concluíu a xornada D. Carlos Sáez de Juan, co agradecemento aos asistentes pola súa presenza e participación, e poñendo de manifesto a vontade que ten Fraternidad Muprespa en dar continuidade a este tipo de actos.

   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"