---
title: "TIVO LUGAR EN VIGO A XORNADA SOBRE A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NA SEGURIDADE SOCIAL E NOVIDADES NORMATIVAS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-vigo-xornada-sobre-administracion-electronica-na-seguridade-social-e"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-vigo-la-jornada-sobre-la-administracion-electronica-en-la-seguridad"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-vigo-la-jornada-sobre-ladministracio-electronica-en-la-seguretat-social-i"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/vigon-gizarte-segurantzaren-administrazio-elektronikoaren-eta-araudi-berrikuntzen-inguruko"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-vigo-xornada-sobre-administracion-electronica-na-seguridade-social-e"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN VIGO A XORNADA SOBRE A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NA SEGURIDADE SOCIAL E NOVIDADES NORMATIVAS



18/11/2011

Novedades

O pasado 16 de novembro en Vigo, contando coa colaboración do [INSS](/gl-ES/inss), a TXSS e o Colexio de Graduados Sociais, tivo lugar a xornada "A administración electrónica na [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e novidades normativas", nas instalacións do Colexio Oficial Graduados Sociais de Pontevedra.

 A presentación da xornada correu a cargo de D.ª Marisol Martín Lumbreras, directora provincial do [INSS](/gl-ES/inss) de Pontevedra, e D. Ramón Benito Blanco Vázquez, director provincial da TXSS de Pontevedra, que agradeceron a colaboración entre entidades nestes foros de comunicación e información e trasladaron o esforzo de todos na aplicación e desenvolvemento das novidades en Administración Electrónica.

 Realizou a moderación D.ª Purificación Silva Martínez, vogal do Colexio de Graduados Sociais. Os relatorios foron realizados por:

* D. Carlos Martínez Gómez, xefe de Servizo da Unidade Provincial de Informática da TXSS de Pontevedra. Centrouse nesta, e expuxo as últimas novidades da páxina web de forma práctica e concisa.
* D. José María Arranz Rodríguez, xefe de Sección de Coordinación de CAISS da Dirección Provincial do [INSS](/gl-ES/inss) de Pontevedra. Expuxo a aplicación TALES, tramitación electrónica de solicitudes de prestacións e novidades telemáticas; ferramenta áxil e rápida pero moi descoñecida polos xestores e graduados.
* D. Julio Santos Palacios, director de Relacións coa Rede de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), que realizou unha presentación da Mutua e expuxo unha completa disertación sobre o portal web e a extranet de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa).
* D. Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de Dereito do Traballo e [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) da Universidade de Vigo, que na súa brillante exposición tratou as novidades relacionadas cos aspectos de [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) na Lei de xurisdición social 36/2011 do 10 de outubro. Salientou que completa a modernización procesual na orde social, racionalizando e fixando un novo texto normativo consolidado e actualizado en relación coa realidade da organización actual do traballo.
 
 A clausura correspondeu a D. Andrés F. Ortigueira Núñez, delegado de Fraternidad-Muprespa en Vigo, que describiu os factores diferenciadores como Mutua de referencia no sector e o Plan Estratéxico, que busca a excelencia e acadar así a misión de Fraternidad-Muprespa. Finalmente, trasladou os agradecementos aos relatores e colaboradores polo seu apoio absoluto e aos asistentes que enchían o salón de actos; pois a xornada non tería sentido sen a súa presenza.

   
 [Enlace](/es-ES/eventos-mutua/JORNADA-SOBRE-LA-ADMINISTRACION-ELECTRONICA-EN-LA-SEGURIDAD-SOCIAL-Y-NOVEDADES-NORMATIVAS-EN-VIGO_5.html)  EVENTO DA XORNADA SOBRE A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NA SEGURIDADE SOCIAL E NOVIDADES NORMATIVAS  
  
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"