---
title: "TIVO LUGAR EN XIXÓN UNHA XORNADA INFORMATIVA ARREDOR DA EXPOSICIÓN \"TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-xixon-unha-xornada-informativa-arredor-da-exposicion-traballo-e-saude-dende"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-gijon-una-jornada-informativa-en-torno-la-exposicion-trabajo-y-salud"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-gijon-una-jornada-informativa-sobre-lexposicio-treball-i-salut-des-de-la"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/informazio-jardunaldi-bat-egin-da-gijonen-lana-eta-osasuna-babesetik-prebentziora"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-en-xixon-unha-xornada-informativa-arredor-da-exposicion-traballo-e-saude-dende"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR EN XIXÓN UNHA XORNADA INFORMATIVA ARREDOR DA EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"



09/05/2011

General

 Dentro das actividades realizadas arredor da exposición, Traballo e saúde: dende a protección á prevención, o pasado día tres de maio, na Laboral Ciudad de la Cultura de Xixón, tivo lugar unha xornada informativa que contou coa presenza de:

 D. Pedro Fernandez Castaño, director provincial de [Fraternidad Muprespa](/) en Asturias, que presentou o acto e expuxo, entre outros aspectos, os relativos ao compromiso da Mutua coa [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) e os numerosos aspectos relativos ás actividades que se veñen realizando de cara ás empresas e traballadores asociados, así como os estudos que se realizan dende a perspectiva estatística e epidemiolóxica, coordinando estratexias, desenvolvendo programas de prevención, identificando riscos e fomentando a promoción da saúde do [traballador](/gl-ES/traballador), identificando as posibles alteracións en relación cos riscos inherentes ao posto de traballo.

 D. Antonio González Fernández, director xeral de Traballo, Seguridade Laboral e Emprego, centrou a súa intervención na excelente exposición que estes días podemos contemplar na Igrexa de La Laboral e a contribución desta na loita contra a sinistralidade.

 D. Alejandro Cabrero Díaz, xefe da Unidade Especializada de Seguridade e [Saúde Laboral](/gl-ES/saude-laboral) da [Inspección de Traballo e Seguridade Social](/gl-ES/inspeccion-de-traballo-e-seguridade-social) de Asturias, expuxo os diversos aspectos da normativa actual e a intervención da Inspección de Traballo, así como os plans e programas de actuación para o ano 2011, sempre dende o compromiso de redución da sinistralidade.

 D.ª Esther Alonso Rodríguez, secretaria de [Saúde Laboral](/gl-ES/saude-laboral) da UGT de Asturias, pechou o acto recordando a importancia dunha loita real contra a sinistralidade que non sexa exclusivamente documentalista, baseándose en actuacións máis firmes por parte da administración e máis comprometidas no que afecta os empresarios.

   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"