---
title: "TIVO LUGAR UNHA XORNADA DE DIVULGACIÓN DO BONUS EN SORIA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-unha-xornada-de-divulgacion-do-bonus-en-soria"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-una-jornada-de-divulgacion-del-bonus-en-soria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-una-jornada-de-divulgacio-del-bonus-soria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/bonusa-ezagutarazteko-jardunaldia-egin-da-sorian"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/tivo-lugar-unha-xornada-de-divulgacion-do-bonus-en-soria"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TIVO LUGAR UNHA XORNADA DE DIVULGACIÓN DO BONUS EN SORIA



29/04/2011

General

 O pasado martes, 26 de abril, no salón de actos da Cámara de [Comercio](/gl-ES/comercio) e Industria de Soria, tivo lugar, coa colaboración de Fraternidad Muprespa, una xornada informativa sobre o Real decreto 404/2010 do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinistralidade laboral.

 A xornada estivo aberta a empresarios, asesores laborais e persoas con responsabilidades no ámbito da xestión e da prevención de riscos laborais en empresas e institucións.

 Expúxose o contido básico do Real decreto e tratáronse detalladamente os trámites necesarios para realizar as solicitudes da campaña 2010.

 A xornada foi presentada por D.ª Carmen Rubio Valero, directora provincial de Fraternidad Muprespa en Soria, e como relator interveuD. José Luis Fernández Medina, técnico superior en [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais).

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"