---
title: "TRABALLADOR AUTÓNOMO E NOVO PORTAL WEB PARA O EMPRENDEDOR, INTERESANTE XORNADA EN LEÓN"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/traballador-autonomo-e-novo-portal-web-para-o-emprendedor-interesante-xornada-en-leon"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/trabajador-autonomo-y-nuevo-portal-web-para-el-emprendedor-interesante-jornada-en-leon"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/treballador-autonom-i-nou-portal-web-lemprenedor-interessant-jornada-lleo"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/langile-autonomoari-eta-ekintzailearentzako-web-atari-berriari-buruzko-jadunaldi"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/traballador-autonomo-e-novo-portal-web-para-o-emprendedor-interesante-xornada-en-leon"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# TRABALLADOR AUTÓNOMO E NOVO PORTAL WEB PARA O EMPRENDEDOR, INTERESANTE XORNADA EN LEÓN



30/11/2016

Novedades

A Dirección Provincial de Fraternidad-Muprespa de León organizou o pasado día 29 de novembro unha xornada divulgativa sobre “O [traballador autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo) e a presentación do novo portal para emprendedores de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa)”. Esta estivo dirixida a colaboradores e autónomos da zona.

María del Carmen Ujidos Morla, directora provincial de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en León, deu a benvida a todos os presentes e agradeceulles, á súa vez, a asistencia a esta xornada.

Francisco Barroso Jadraque, coordinador territorial de Prestacións da Zona Noroeste de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), realizou un interesante relatorio sobre o [traballador autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo) e a súa lexislación.  
  
Para concluír, xerouse un animado debate onde se resolveron diferentes dúbidas formuladas polos alí presentes.

Antes de clausurar a xornada, María del Carmen Ujidos presentou o novo portal para Emprendedores de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), comentando o contido, utilidade e usabilidade deste, o cal xerou grande interese nos asistentes.

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"