---
title: "VALERIANO GÓMEZ VISITA EN XIXÓN A EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA, FUNDACIÓN LARGO CABALLERO E INSHT"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/valeriano-gomez-visita-en-xixon-exposicion-organizada-pola-mutua-fraternidad-muprespa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/valeriano-gomez-visita-en-gijon-la-exposicion-organizada-por-la-mutua-fraternidad-muprespa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/valeriano-gomez-visita-gijon-lexposicio-organitzada-la-mutua-fraternidad-muprespa-fundacio"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-largo-caballero-fundazioak-eta-lsgin-ek-gijonen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/valeriano-gomez-visita-en-xixon-exposicion-organizada-pola-mutua-fraternidad-muprespa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# VALERIANO GÓMEZ VISITA EN XIXÓN A EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA, FUNDACIÓN LARGO CABALLERO E INSHT



06/04/2011

General

 O pasado 31 de marzo, o Ministro de Traballo e Inmigración visitou en Xixón a exposición itinerante "Traballo e saúde: dende a protección á prevención".

 Valeriano Gómez falou do dereito irrenunciable a traballar nas mellores condicións de hixiene e seguridade e tamén dos procesos, ás veces dolorosos, que seguiron os traballadores ata chegar á situación actual.

 Da exposición salientou que "supón unha chamada de atención, para que se reduzan ou eliminen as situacións de risco e se evite que o [traballador](/gl-ES/traballador) sufra, enferme ou perda a súa vida a causa do traballo".  
 Entre as personalidades que acompañaban ao ministro, estaba a alcaldesa de Xixón, Paz Fernández Felgoso, que agradeceu que a mostra se encontre na súa cidade.

 O presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez, falou do obxectivo primordial da exposición que é "a divulgación da cultura da prevención".

 O [director xerente](/gl-ES/director-xerente) da mutua [Fraternidad Muprespa](/), Carlos Aranda, destacou "o compromiso das mutuas de accidentes de traballo na educación e sensibilización para mellorar a prevención no traballo".

 O comisario da exposición Emili Castejón, do INSHT, recordou que a exposición mostra un percorrido pola historia da prevención en España.

 O director do Instituto Asturiano de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), Manuel Carlos Barba, insistiu na necesidade de seguir impulsando políticas para mellorar a seguridade dos traballadores, contando co apoio das diferentes administracións.

 A exposición,que está na igrexa da Universidade Laboral de Xixón, estará aberta ata o próximo 8 de maio.

   
   
   
 [ENLACE](http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=es&q=Calle+de+Luis+Moya+Blanco,+261,+33394+Gij%C3%B3n,+Asturias,+Principado+de+Asturias&sll=40.396764,-3.713379&sspn=11.240086,19.753418&ie=UTF8&geocode=FekfmAIdfFiq_w&split=0&hq=&hnear=Calle+de+Luis+Moya+Blanco,+261,+33394+Gij%C3%B3n,+Principado+de+Asturias&ll=43.524095,-5.613434&spn=0.005228,0.009645&z=17) LOCALIZACIÓN DO EVENTO   
 [Descarga](;) INVITACIÓN AO EVENTO   
 [Descarga](;) TRÍPTICO DO EVENTO   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"