---
title: "VERTIXE, MAREO E DESEQUILIBRIO. NOVAS TÉCNICAS DE EXPLORACIÓN E ACTITUDE ANTE O PACIENTE"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/vertixe-mareo-e-desequilibrio-novas-tecnicas-de-exploracion-e-actitude-ante-o-paciente"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/vertigo-mareo-y-desequilibrio-nuevas-tecnicas-de-exploracion-y-actitud-ante-el-paciente"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/vertigen-mareig-i-desequilibri-noves-tecniques-dexploracio-i-actitud-davant-del-pacient"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/bertigoa-zorabioa-eta-desoreka-miaketa-teknika-berriak-eta-pazientearekiko-jarrera"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/vertixe-mareo-e-desequilibrio-novas-tecnicas-de-exploracion-e-actitude-ante-o-paciente"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# VERTIXE, MAREO E DESEQUILIBRIO. NOVAS TÉCNICAS DE EXPLORACIÓN E ACTITUDE ANTE O PACIENTE



30/11/2016

Novedades

O equipo de valoración médica de incapacidades do [INSS](/gl-ES/inss) organizou o pasado día 29 de novembro, no Salón de actos do Ilustre Colexio oficial de Médicos de Huelva, unha xornada sobre a “Vertixe, mareo e desequilibrio. Novas técnicas de exploración e actitude ante o paciente”. A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), uniuse á participación desta interesante xornada.  
  
Este acto estivo dirixido a inspectores médicos do [EVI](/gl-ES/evi) ([INSS](/gl-ES/inss)), inspectores médicos do UVMI (SAS), médicos de empresas e médicos de mutuas.

Inaugurou a xornada Diego Dávila Guijarro, coordinador de UVMI en Huelva, quen presentou os contidos de debate.  
  
A continuación, tomou a palabra Manuel González Revolta, doutor en medicina, cirurxía e otorrinolaringoloxía do complexo hospitalario de Huelva e membro da comisión de otoneuroloxía da sociedade española de ORL, quen expuxo un relatorio de grande interese, dado o incremento experimentado de patoloxías como vertixes, mareos e desequilibrios derivadas de accidentes de tráfico.  
  
Seguidamente xerouse un entretido debate no que se comentaron os puntos expostos polo Dr. González.

Ao termo da xornada, todos os asistentes fixeron constar a súa satisfacción, tanto pola calidade do relator coma do contido.

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"