---
title: "Vicente San Pedro comenta a importancia do traballo da rede de atención en Podcast FM"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2022-01-17"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/vicente-san-pedro-comenta-importancia-do-traballo-da-rede-de-atencion-en-podcast-fm"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/vicente-san-pedro-comenta-la-importancia-del-trabajo-de-la-red-de-atencion-en-podcast-fm"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/vicente-san-pedro-comenta-la-importancia-del-treball-de-la-xarxa-datencio-podcast-fm"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/vicente-san-pedro-arreta-zentroen-sarearen-lanaren-garrantziaz-mintzatu-da-podcast-fm-n"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/vicente-san-pedro-comenta-importancia-do-traballo-da-rede-de-atencion-en-podcast-fm"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/vicente-san-pedro-comments-on-the-importance-of-the-work-of-the-care-network-on-podcast-fm"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Vicente San Pedro comenta a importancia do traballo da rede de atención en Podcast FM



19/08/2020

Publicaciones

O pasado mes de xuño Fraternidad-Muprespa recapitulou nun podcast as accións que, como Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e parte da Administración, realizou co fin de axudalo e mantelo informado sobre a declaración da pandemia por COVID-19, o posterior estado de alarma e os seus efectos en todos os ámbitos.

Accións de comunicación sobre prestacións económicas e asistenciais, servizos propios da nosa actividade, dixitalización, teletraballo, ademais dun profundo cambio na forma de traballar da rede de centros da Mutua, e múltiples iniciativas en prevención de riscos laborais para mutualistas e empregados, foron e seguen sendo piares do traballo que levamos a cabo diariamente.

Extraído deste podcast, e para rematar este resumo , quixemos dedicar un espazo especial aos traballadores da [rede de centros de atención de Fraternidad-Muprespa](/centros), protagonistas en primeira liña. Poderiamos falar con cada un dos directivos da rede, pero escollemos como voceiro de todos eles a Vicente San Pedro, director da Delegación da Mutua en Porriño (Pontevedra), que nos detallou o complicado día a día de cada centro da rede, basicamente, unha revolución para todo o persoal que ao final tivo a sensación atinada de que remar na mesma dirección é a forma de obter resultados positivos.

[![Escoitar PodcastFM]()](/podcast-fm-1x117-vicente-san-pedro-o-la-importancia-del-trabajo-de-la-red-de-centros-de-la-mutua)Animámolos a visitar a sección [Podcast FM](/podcast) do portal web da Mutua.

Para estar permanentemente informados das nosas novidades, recordámoslles que poden seguirnos a través das canles de Fraternidad-Muprespa, en redes sociais ou [subscribíndose ao boletín electrónico InForM@](/suscripcion-publicaciones).