---
title: "VISITA GUIADA DOS ALUMNOS DA UNIVERSIDADE DE MÁLAGA Á DIRECCIÓN PROVINCIAL DE FRATERNIDAD-MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/visita-guiada-dos-alumnos-da-universidade-de-malaga-direccion-provincial-de-fraternidad"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/visita-guiada-de-los-alumnos-de-la-universidad-de-malaga-la-direccion-provincial-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/visita-guiada-de-los-alumnos-de-la-universidad-de-malaga-la-direccion-provincial-de"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/malagako-unibertsitateko-ikasleen-bisita-gidatua-fraternidad-muprespako-zuzendaritza"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/visita-guiada-dos-alumnos-da-universidade-de-malaga-direccion-provincial-de-fraternidad"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# VISITA GUIADA DOS ALUMNOS DA UNIVERSIDADE DE MÁLAGA Á DIRECCIÓN PROVINCIAL DE FRATERNIDAD-MUPRESPA



16/01/2017

Novedades

Sobre a base do acordo asinado entre Fraternidad-Muprespa e a Universidade de Málaga, impartíronse durante o pasado mes de outubro unha serie de xornadas de formación, para alumnos do segundo curso do Grao de Relacións Laborais da citada universidade, sobre as Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade social](/gl-ES/seguridade-social).  
  
Para completar esta actividade académica, os días 10 e 12 de xaneiro de 2017 realizáronse senllas visitas tuteladas para os alumnos ás instalacións da Dirección Provincial de Málaga de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa). Marina Fernández Ramírez, titular do departamento de [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) da Facultade de Estudos Sociais e do Traballo da Universidade de Málaga, acompañou os alumnos en calidade de coordinadora da actividade formativa. Andrés Ruiz Martínez, director da delegación de Vélez-Málaga da nosa Entidade, foi o encargado de guiar as visitas polas instalacións da Mutua. O percorrido foi ilustrado coas explicacións oportunas sobre as competencias asignadas ás Mutuas como entidades colaboradoras da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social).  
  
O director provincial de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Málaga, José Manuel Crespo Figuerola, agradeceu aos alumnos a súa presenza e o interese mostrado durante toda a actividade formativa. Por parte do decanato da facultade recibíronse agradecementos e felicitacións polo desenvolvemento das actividades realizadas dentro do acordo marco asinado entre as dúas entidades.