---
title: "<b>VISITE O NOVO PORTAL DIVULGATIVO SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DE FM</b>"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/visite-o-novo-portal-divulgativo-sobre-prevencion-de-accidentes-de-traballo-e-enfermidades"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/visite-el-nuevo-portal-divulgativo-sobre-prevencion-de-accidentes-de-trabajo-y"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/visiteu-el-nou-portal-divulgatiu-sobre-prevencio-daccidents-laborals-i-malalties"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/bisitatu-fraternidad-mupresparen-lan-instripu-eta-gaixotasun-profesionalen-prebentzioari"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/visite-o-novo-portal-divulgativo-sobre-prevencion-de-accidentes-de-traballo-e-enfermidades"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# &lt;b&gt;VISITE O NOVO PORTAL DIVULGATIVO SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DE FM&lt;/b&gt;



20/04/2009

Novedades

## VISITE O NOVO PORTAL DIVULGATIVO SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DE FM

Fraternidad Muprespa pon a disposición de todo o público un novo portal de carácter divulgativo "[PREVIENE](/previene)", coa intención de constituír un espazo destinado a informar o visitante sobre aspectos relativos á prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.  
   
 Dende este novo portal, Fraternidad Muprespa pretende presentar a prevención dende un prisma distinto ao habitual: máis amigable, máis próximo, máis práctico e sobre todo máis interesante.

 Para isto, o novo portal, mediante unha orixinal e atractiva presentación, quere achegarse ao lector a través de calquera das súas 7 seccións:

* DOCUMENTACIÓN. Sección na que se publica grande cantidade de información en materia preventiva a través manuais de boas prácticas, pósters, carteis e trípticos. Todo este material pode ser descargado libremente.
* BOLETÍN INFOPREVENCIÓN. Sección constituída polo boletín publicado cada mes onde se reflicten novidades lexislativas, novas de interese, información sobre eventos, coméntanse sentenzas, etc. Dende a sección poderá acceder a todos os boletíns publicados e poderá tamén inscribirse para recibilo gratuitamente no seu correo electrónico.
* REVISTA “LA MUTUA” Sección constituída por esta revista publicada periodicamente con artigos técnicos de grande interese no campo da [saúde laboral](/gl-ES/saude-laboral) e a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Dende a sección poderá acceder a todos os números que foron publicados.
* OFERTA EDUCATIVA. Sección dedicada á nosa oferta educativa, na que atopará toda a información sobre o tipo de xornadas existente, o detalle do programa, o calendario de actividades e a solicitude de inscrición.  
     A oferta educativa forma parte das actividades que Fraternidad Muprespa desenvolve para a prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais das empresas asociadas, na súa condición de colaboradora na xestión da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social).
* VÍDEOS. Sección na que se poden ver vídeos que mostran de xeito ameno e divertido cales son os riscos aos que podemos expoñernos a consecuencia do traballo, e cales son as accións que se poden poñer en práctica para resolvelos.
* GALERÍA VITUAL. Sección na que se expón virtualmente a exposición itinerante "ACCIDENTES Y PREVENCIÓN. CARTELES ESPAÑOLES DEL SIGLO XX" que Fraternidad Muprespa levou a distintos puntos da xeografía española e que, pola súa acollida, poñemos á súa disposición.
* FORO. Sección destinada ao foro COMITIUM de Fraternidad Muprespa. Aquí poderá, dunha forma sinxela e intuitiva, dar resposta ás súas dúbidas ou cuestións relacionadas coa prevención, a través do diálogo cos nosos especialistas nas distintas materias e con outras persoas coas mesmas inquietudes que as súas.
 
 Por último, en Fraternidad Muprespa estamos convencidos de que esta nova ferramenta divulgativa será do seu interese e confiamos en contar con vostede como lector habitual das nosas seccións.