---
title: "VIXENCIA DOS CONVENIOS DE ASOCIACIÓN E ADHESIÓN Á MUTUA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/vixencia-dos-convenios-de-asociacion-e-adhesion-mutua"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/vigencia-de-los-convenios-de-asociacion-y-adhesion-la-mutua"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/vigencia-dels-convenis-dassociacio-i-adhesio-la-mutua"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/mutualitatearekin-elkartzeko-eta-bat-egiteko-hitzarmenen-iraunaldia"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/vixencia-dos-convenios-de-asociacion-e-adhesion-mutua"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# VIXENCIA DOS CONVENIOS DE ASOCIACIÓN E ADHESIÓN Á MUTUA



04/03/2010

Normativa

  
O Real decreto 38/2010[1](#RealDecreto_38_100) do 15 de xaneiro, polo que se modifica o Regulamento sobre colaboración das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade, aprobado por Real decreto 1993/1995 do 7 de decembro.

Entre as novidades que introduce destaca na súa disposición transitoria primeira, a ampliación excepcional e por unha soa vez do período de vixencia dos convenios de asociación de empresas e dos documentos de adhesión de traballadores autónomos, pasando dun a tres anos. Esta medida, aplicarase tanto aos convenios de asociación como aos documentos de [adhesión](/gl-ES/adhesion) que se subscriban a partir do 17 de xaneiro (data de entrada en vigor do Real decreto 38/2010), así como aos que xa estean en vigor neste momento.

   
 [Acceder](/contenido.aspx?x=4&y=100&z=0)  Trámites para asociarse con FM (Empresa):   
 [Acceder](/menui.aspx?navx=4&navy=103)  Trámites para asociarse con FM (Autónomo):   
 [Descargar](#)  1Real decreto 38/2010:   
   
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"