---
title: "XORNADA DE FRATERNIDAD-MUPRESPA EN AVILÉS COA PARTICIPACIÓN DO INSTITUTO ASTURIANO PRL E LA CURTIDORA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/xornada-de-fraternidad-muprespa-en-aviles-coa-participacion-do-instituto-asturiano-prl-e"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/jornada-de-fraternidad-muprespa-en-aviles-con-la-participacion-del-instituto-asturiano-prl"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/jornada-de-fraternidad-muprespa-aviles-amb-la-participacio-de-linstitut-asturia-prl-i-la"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ren-jardunaldia-avilesen-asturiasko-lan-arriskuen-prebentziorako"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/xornada-de-fraternidad-muprespa-en-aviles-coa-participacion-do-instituto-asturiano-prl-e"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# XORNADA DE FRATERNIDAD-MUPRESPA EN AVILÉS COA PARTICIPACIÓN DO INSTITUTO ASTURIANO PRL E LA CURTIDORA



17/02/2016

Recensión de xornada

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, colaborou o pasado 16 de febreiro co Centro de Empresas “La Curtidora” do Concello de Avilés e o Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais impartindo unha xornada baixo o título Como poden xestionar a prevención gratuitamente as pequenas empresas e os autónomos?

A presentación do acto foi realizada polo concelleiro de Promoción Económica do Concello de Avilés, D. Manuel Campa Menéndez, quen avanzou os contidos que se ían tratar na xornada e presentou a directora do Instituto Asturiano de Prevención.

A continuación interveu Dª Miryam Hernández Fernández, directora do Instituto Asturiano de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), quen agradeceu ao centro de empresas do Concello de Avilés “La Curtidora” e á Mutua [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) o seu convite. Na súa intervención destacou que “é unha oportunidade para reforzar a cultura preventiva no tecido empresarial asturiano e destacou a importancia de conseguir unha verdadeira integración da prevención na xestión empresarial, co fin de que sexa unha realidade e non só un formalismo destinado a cumprir coa lexislación vixente na materia”. Por outra banda, ofreceu a colaboración por parte do Instituto Asturiano de [PRL](/gl-ES/prl), para o asesoramento efectivo ante calquera situación relacionada co seu ámbito.

Para rematar, D. José Beltrán García, técnico superior de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), debullou de modo práctico a ferramenta Prevencion10.es, desenvolvida polo Ministerio de Emprego e [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), dirixida ás empresas de ata 25 traballadores e traballadores autónomos, para que poidan realizar a autoavaliación dos seus riscos e cumprir coas obrigas da Lei de [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) de xeito doado e gratuíto.

[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) concluíu agradecendo aos numerosos asistentes a súa presenza e o interese demostrado pola temática da xornada.