---
title: "Xornada formativa sobre prevención de riscos laborais difundida no Instituto El Tablero, Córdoba "
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/xornada-formativa-sobre-prevencion-de-riscos-laborais-difundida-no-instituto-el-tablero"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/jornada-formativa-sobre-prevencion-de-riesgos-laborales-difundida-en-el-instituto-el"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/jornada-formativa-sobre-prevencio-de-riscos-laborals-difosa-linstitut-el-tablero-cordova"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/lan-arriskuen-prebentzioari-buruzko-prestakuntza-jardunaldia-kordobako-el-tablero"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/xornada-formativa-sobre-prevencion-de-riscos-laborais-difundida-no-instituto-el-tablero"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Xornada formativa sobre prevención de riscos laborais difundida no Instituto El Tablero, Córdoba 



26/04/2017

Semana de la prevención

Con motivo da Semana da Prevención que estamos a realizar en Fraternidad-Muprespa, a delegación da Mutua en Córdoba segue apostando polos futuros traballadores e empresarios, en canto a formación se refire.

Por este motivo, o pasado luns 24 de abril, Fraternidad-Muprespa colaborou co Instituto de secundaria “El Tablero” de Córdoba, impartindo unha xornada formativa sobre a implantación da xestión da prevención de riscos laborais, así como a cobertura dos accidentes de traballo na creación dunha nova empresa. A xornada ía dirixida aos alumnos do ciclo formativo de Transporte e Loxística.

A formación foi impartida por Inmaculada Rufián Peña, directora provincial de Fraternidad-Muprespa en Córdoba e Rafael Delgado Portero, técnico de Prevención da Mutua.

A xornada tivo moi boa aceptación por parte dos alumnos, que mostraron en todo momento as súas inquietudes e dúbidas sobre o tema en cuestión.