---
title: "XORNADA INFORMATIVA CON EMPRESAS ASOCIADAS DE SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/xornada-informativa-con-empresas-asociadas-de-san-sebastian-de-los-reyes"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/jornada-informativa-con-empresas-asociadas-de-san-sebastian-de-los-reyes"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/jornada-informativa-amb-empreses-associades-de-san-sebastian-de-los-reyes"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/san-sebastian-de-los-reyeseko-elkartutako-enpresekin-egindako-informazio-jardunaldia"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/xornada-informativa-con-empresas-asociadas-de-san-sebastian-de-los-reyes"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# XORNADA INFORMATIVA CON EMPRESAS ASOCIADAS DE SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES



29/01/2016

Recensión de xornada

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) realizou o día 26 de xaneiro de 2016 un almorzo de traballo na sede da nosa Dirección Provincial de Madrid, na rúa José Abascal, 50 para algunhas das empresas máis significativas da [delegación de San Sebastián de los Reyes](/es-ES/mutua-Fraternidad-Muprespa-Red-centros.html?ccentro=2822).

A xornada comezou cunha presentación dos participantes, seguidamente realizou unha exposición D. Francisco Barroso Jadraque, (director provincial adxunto de Madrid) sobre as novidades da Orde ministerial 1187/2015, que deu pé a debater e compartir algúns dos temas máis importantes para as empresas, como é a xestión das baixas por [AT](/gl-ES/at) e CC, independentemente do sector de actividade do que proveñan.

A reunión contou coa presenza de representantes de empresas asociadas á entidade, tan significativas como SICE (Grupo DRAGADOS), MERCEDES-BENZ ESPAÑA, EMERGIA, GALP, ANOVO, ALSTOM POWER, PARCESA e UNIFY

 [ Orde ministerial 1187/2015

 ![Botón interno]()Descargar ](;)   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"