Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

DICIONARIO DE TERMOS

Buscador de Termos Dicionario de termos
Definición
 
 
Axencia Española de Protección de Datos.

A Axencia Española de Protección de Datos é un Ente de Dereito Público, con personalidade xurídica propia e plena capacidade pública e privada, que actúa con independencia das Administracións Públicas no exercicio das súas funcións.
Funcións:

Xeral

Velar polo cumprimento da lexislación sobre protección de datos e controlar a súa aplicación, en especial no relativo aos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos.

En relación cos afectados
  • Atender as súas peticións e reclamacións.
  • Información dos dereitos recoñecidos na Lei.
  • Promover campañas de difusión a través dos medios.
En relación cos que tratan datos
  • Emitir autorizacións previstas na Lei.
  • Requirir medidas de corrección.
  • Ordenar, en caso de ilegalidade, o cesamento no tratamento e a cancelación dos datos.
  • Exercer a potestade sancionadora.
  • Obter axuda e información que precise.
  • Autorizar as transferencias internacionais de datos.
Na elaboración de normas
  • Informar os Proxectos de normas de desenvolvemento da LOPD.
  • Informar os Proxectos de normas que incidan en materias de protección de datos.
  • Ditar Instrucións e recomendacións de adecuación dos tratamentos á LOPD.
  • Ditar recomendacións en materia de seguridade e control de acceso aos ficheiros.
En materia de telecomunicacións
  • Tutelar os dereitos e garantías dos abonados e usuarios no ámbito das comunicacións electrónicas, incluíndo o envío de comunicacións comerciais non solicitadas realizadas a través de correo electrónico ou medios de comunicación electrónica equivalente.
Outras funcións
  • Velar pola publicidade nos tratamentos, publicando anualmente unha lista destes (CD).
  • Cooperación Internacional.
  • Representación de España nos foros internacionais na materia.
  • Control e observancia do disposto na Lei reguladora da Función Estatística Pública.
  • Elaboración dunha Memoria Anual, presentada por conduto do Ministro de Xustiza ás Cortes.
Para ampliar esta información pode consultarse a páxina web da Axencia https://www.agpd.es
 
 
subir