Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

DICIONARIO DE TERMOS

Buscador de Termos Dicionario de termos
Definición
 
 
O Boletín Oficial do Estado é un organismo público, adscrito ao Ministerio da Presidencia, encargado da impresión, distribución e venda do Diario Oficial, do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, da publicación de repertorios, compilacións de textos xurídicos e da execución dos traballos de imprenta de carácter oficial solicitados por Ministerios, organismos e outras entidades públicas.
Corresponde ao Organismo Autónomo Boletín Oficial do Estado:
  • A impresión, distribución e venda, con carácter exclusivo, do Boletín Oficial do Estado.
  • A impresión, distribución e venda, con carácter exclusivo, do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, coas seccións, formato, periodicidade e demais prescricións establecidas no Regulamento do Rexistro Mercantil.
  • A publicación, en calquera soporte, de repertorios, compilacións, textos legais e separatas das disposicións de especial interese.
  • A publicación de estudos científicos ou técnicos, ben por propia iniciativa, ben en cumprimento de convenios subscritos con outros órganos da Administración Xeral do Estado e con entidades públicas ou privadas.
  • A execución dos traballos de imprenta de carácter oficial solicitados por Ministerios, organismos e outras entidades públicas.
  • A creación de bases de datos lexislativas, xurisprudenciais ou doutrinais a partir do BOE, do BORME ou doutras publicacións lexislativas.
  • A distribución e comercialización das obras propias e das obras editadas por outras Administracións ou organismos oficiais, nos termos establecidos nos convenios subscritos a tal fin.
 
 
subir