Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

DICIONARIO DE TERMOS

Buscador de Termos Dicionario de termos
Definición
 

Documento De Adhesión

Busca en toda a web
 
É o que formaliza a relación entre os traballadores por conta propia e a Mutua para a cobertura da protección do subsidio por incapacidade temporal. Recolle os deberes e dereitos do interesado e da Mutua, así como a data e hora en que nacen e se extinguen os seus efectos. Así mesmo, deberá expresar necesariamente os datos de identificación e de localización, actividade, así como o Réxime e número de afiliación á Seguridade Social (NAF).
  • A súa vixencia será dun ano natural, entendéndose prorrogado tacitamente polo mesmo período, agás denuncia expresa formulada polo interesado e debidamente notificada antes do 1 de outubro do exercicio anterior ao que haxa de producir efectos a adhesión a outra Entidade ou a renuncia á cobertura e sempre que o interesado na data de solicitar o cambio de Entidade non se encontre de baixa médica por incapacidade temporal. O exercicio desta opción quedará condicionada a que o traballador por conta propia estea ao corrente no pagamento de cotizacións á Seguridade Social, ao 31 de decembro do ano que exerce a opción.
  • O documento de Adhesión cobre a prestación económica por incapacidade temporal dos riscos profesionais e comúns no caso de traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario e sempre coa mesma Entidade que cubra a IMS de continxencias profesionais.

 

Listaxe de palabras relacionadas

 
 
subir