Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

DICIONARIO DE TERMOS

Buscador de Termos Dicionario de termos
Definición
 
 
Asociación Española de Normalización e Certificación.

Entidade española, privada, independente e sen ánimo de lucro. Está recoñecida nos ámbitos nacional, comunitario e internacional e ten como propósito contribuír, mediante o desenvolvemento das actividades de normalización e certificación (N+C), a mellorar a calidade nas empresas, os seus produtos e servizos, así como protexer o ambiente e, con iso, o benestar da sociedade. Entre os obxectivos que marcan os estatutos da asociación encóntranse:
  • Desenvolver a normalización española, coordinándoa coa levada a cabo nos ámbitos europeos e internacionais.
  • Fomentar e desenvolver as diversas modalidades de certificación de produtos, servizos, persoas e sistemas, incluíndo a certificación no campo ambiental.
  • Promover a participación española nas organizacións internacionais e rexionais de N+C.
  • Colaborar coas administracións central e autonómica para unha maior implantación.


Foi designada para levar a cabo estas actividades pola Orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de febreiro de 1986, de acordo co Real Decreto 1614/1985 e recoñecida como organismo de normalización e para actuar como entidade de certificación polo Real Decreto 2200/1995, en desenvolvemento da Lei 21/1992, de Industria.
 
 
subir