Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

DICIONARIO DE TERMOS

Buscador de Termos Dicionario de termos
Definición
 

Importe Das Prestacións

Busca en toda a web
 
O importe da prestación varía en función da base reguladora que tivese o traballador, da continxencia e da duración da baixa. En termos xerais, e aínda que existen excepcións puntuais en función do réxime ao que pertenza, a prestación pode ser de tres tipos:

a. Incapacidade Temporal.
Este é o caso máis habitual. Para o seu cálculo tense en conta o 75% da base reguladora dende o día seguinte á baixa médica. A Mutua é responsable do pagamento total desta prestación.

b. Incapacidade Temporal en Desemprego.
Con independencia de cal sexa a continxencia, a Mutua tamén é responsable do subsidio naquelas situacións nas que o traballador pasa a situación de desemprego ao causar baixa na Empresa por calquera dos medios legalmente establecidos.

Dende o 01/01/2002 produciuse un cambio lexislativo polo que se modifican as condicións e forma de cálculo deste subsidio distinguíndoo da prestación por IT tradicional. Así, no caso de IT Desemprego o subsidio adáptase ás normas de cálculo do subsidio de desemprego do INEM pasando a ser do 70% da base reguladora de desemprego durante os primeiros 180 días e do 60% a partir do día 181 e ata o final do proceso. Sobre estes cálculos, ademais, aplicaranse uns topes máximos e mínimos respecto ao salario mínimo interprofesional e en función da situación familiar do traballador:

Situación Máximo Mínimo
Sen fillos 170% SMI 75% SMI
1 fillo 195% SMI 100% SMI
2 ou máis fillos 220% SMI 100% SMI
c. Prórroga de Incapacidade Temporal
En certos supostos os traballadores teñen dereito á percepción da prestación de IT con posterioridade á alta médica e ata un máximo de 30 meses dende a data da baixa médica. Nestes casos, ao existir xa unha alta médica, o pagamento da IT non se xustifica mediante partes médicos de confirmación senón que se realiza de xeito manual polo responsable de prestacións.
Estes supostos poden ser de dous tipos:
  • Esgotamento de prazo: a todo traballador que fai 18 meses en baixa débeselle emitir un parte de alta por esgotamento de prazo con independencia de que continúe co tratamento terapéutico e coa percepción da prestación por IT en prórroga de IT ata a súa curación e/ou declaración de incapacidade.
  • Proposta de incapacidade: cando se considera que un traballador presenta secuelas derivadas do seu proceso de baixa tamén se lle debe emitir un parte de alta médica por proposta de incapacidade como paso previo a iniciar todo o proceso de determinación da Incapacidade Permanente.
Cando un traballador se encontra nunha destas dúas situacións, a Empresa pode dalo de baixa para deixar de cotizar por el. Neste caso, o traballador pasaría automaticamente a recibir a prestación por IT en pagamento directo. Non obstante, e tamén a partir do 01/01/2002, se se produce unha alta con proposta de incapacidade anterior ao esgotamento de prazo (18 meses) e posteriormente non hai declaración de Incapacidade, a Empresa ten obriga de cotizar por todo o período transcorrido.
 
 
subir