Volante de asistencia para accidente de traballo

Documento (facilitado pola Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social) polo que a empresa lle solicita que asista a un determinado traballador que sufriu un accidente de traballo. Iso sen prexuízo do deber de presentar o oportuno parte de accidente dentro dos cinco días seguintes á data do accidente se causa baixa médica.