Enfermidade Profesional

A contraída a consecuencia do traballo executado por conta allea nas actividades que se especifican no cadro incluído no RD 1995/1978, do 12 de maio (BOE do 25 de agosto), e que estea provocada pola acción dos elementos e substancias que neste cadro se indican para cada enfermidade profesional (art. 116 RD 1/1994, do 20 de xuño, Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade Social).