Inspección de Traballo e Seguridade Social

Organismo que depende do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e ao que en materia de Prevención de Riscos Laborais lle corresponde a función de vixilancia e control da normativa. As súas funcións son:
  • Vixiar o cumprimento das normas xurídico-técnicas que incidan nas condicións de traballo.
  • Propostas de sanción.
  • Asesorar e informar as empresas e traballadores.
  • Elaborar informes, a petición dos Xulgados do Social, sobre accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
  • Informar a autoridade laboral sobre os accidentes e enfermidades profesionais mortais, graves e moi graves.
  • Comprobar e favorecer o cumprimento das obrigas asumidas polos Servizos de Prevención.
  • Paralizar inmediatamente aqueles traballos nos que se advirta risco grave e inminente.
  • Colaboración pericial.