Lesións permanentes non invalidantes

As lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidentes de traballo ou enfermidades profesionais que, sen chegar a constituír unha incapacidade permanente, supoñan unha diminución ou alteración da integridade física do traballador e aparezan recollidas no baremo anexo ás disposicións de desenvolvemento da Lei Xeral da Seguridade Social, serán indemnizadas, por unha soa vez, coas cantidades alzadas que neste se determinan, pola entidade que estivese obrigada ao pagamento das prestacións de incapacidade permanente, todo iso sen prexuízo do dereito do traballador a continuar ao servizo da empresa.