Mi Frater Paciente ® Aplicación para dispositivos móbiles

Fraternidad-Muprespa pon á disposición dos seus traballadores protexidos a app Mi Frater Paciente ®: unha aplicación multidispositivo que leva aos aparellos móbiles, tanto tabletas coma smartphones das principais plataformas (iOS e Android), funcionalidades moi interesantes para os nosos pacientes, entre outras:

  • Consulta das asistencias médicas do paciente.
  • Visualización de imaxes médicas de probas diagnósticas realizadas.
  • Descarga de documentación dos procesos médicos do paciente: partes médicos, informes de probas diagnósticas, consentimentos informados etc.
  • Envío Fraternidad-Muprespa de documentación relacionada co proceso médico do paciente (partes médicos, informes, xustificantes etc.).
  • Consulta das próximas citas médicas do paciente nalgún dos nosos centros asistenciais.
  • Caixa de correo persoal do usuario, a través da cal o paciente poderá consultar as mensaxes e documentación que dende Fraternidad-Muprespa lle facemos chegar (informes médicos, cuestionarios de solicitude de asistencia etc.)
  • Buscador de centros de Fraternidad-Muprespa, que permite localizar o centro da nosa Mutua máis próximo ao paciente.
  • Obtención do certificado de retencións e ingresos á conta do IRPF, así como a consulta da información económica das prestacións económicas percibidas.
  • Contido audiovisual para a promoción da saúde personalizado en función da patoloxía do paciente: Guías de exercicios de mobilidade e obradoiros de saúde (mindfulness, manexo do estrés etc.).
  • Obtención inmediata do xustificante de asistencia de todas as citas médicas realizadas en centros de Fraternidad-Muprespa.
  • Confirmación da chegada á cita médica no centro asistencial usando Mi Frater Paciente nos nosos puntos de atención dixital.
App Mi Frater Paciente

 

Mi Frater Paciente está dispoñible en Apple Store

 

Mi Frater Paciente está dispoñible en Google Play

Os nosos pacientes poden consultar coa súa tableta Apple iPad, coa súa tableta ou smartphone Android ou co seu teléfono Apple iPhone a relación dos procesos asistenciais que tiveron en Fraternidad-Muprespa, ademais de visualizar directamente no dispositivo as imaxes médicas das RX realizadas,  os informes cos resultados das analíticas de sangue, a medicación que foi prescrita polo servizo médico en cada consulta realizada e moita máis información relacionada coas asistencias médicas recibidas nos nosos centros.

A aplicación dispón dunha zona de acceso libre, na que está dispoñible a opción Rede de centros, que  pon á disposición dos nosos pacientes unha potente ferramenta para que poidan localizar a situación do centro asistencial de Fraternidad-Muprespa máis próximo.

 

 

Descargas

Mi Frater Paciente ® está dispoñible nas tendas de aplicacións Google Play e Apple Store, e a súa descarga é libre e gratuíta. Pode descargar a aplicación nas seguintes ligazóns:

 

Solicitar clave de acceso

Os traballadores protexidos por Fraternidad-Muprespa deben dispoñer dun usuario activo de Mi Frater Paciente para poder gozar de todas as funcionalidades da app. Os traballadores que non dispoñan de usuario poden activalo de forma inmediata cubrindo o formulario de solicitude de acceso na propia aplicación (Acceder a “Iniciar sesión” e “Solicitar usuario”).

Portal do paciente

É un servizo que permite, aos traballadores protexidos que tiveran algún proceso asistencial en Fraternidad-Muprespa, consultar a información destes a través de Internet, con todas as garantías de seguridade e confidencialidade dos datos.

Portal do Paciente
¿Resultouche útil este contido?
(reset)
¡Grazas polo teu voto!

Puntos: 14