Parte médico de baixa

Documento oficial expedido polo facultativo que realizou o recoñecemento do traballador que sufriu o accidente de traballo ou enfermidade profesional polo que se decreta a situación de baixa deste (contén o diagnóstico, a descrición da limitación da capacidade funcional e a duración probable do proceso patolóxico).

Este parte médico:
  • Orixina a iniciación de actuacións conducentes á declaración ou denegación do dereito ao subsidio.
  • Debe ir precedido dun recoñecemento médico que permita a determinación obxectiva da incapacidade temporal para o traballo habitual.
  • Cubrirase en cuadriplicado exemplar:
    • O orixinal, destinado á Inspección de Servizos Sanitarios da Seguridade Social ou órgano equivalente do respectivo Servizo Público de Saúde, e a copia a remitir por este, no prazo de 5 días, á Entidade xestora ou, se é o caso, á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, deberán conter o diagnóstico, a descrición da limitación na capacidade funcional do traballador e a duración probable do proceso patolóxico.
Se o facultativo que expide o parte non pode determinar a Entidade xestora ou colaboradora, entregaralle ao traballador, en sobre cerrado, a copia destinada a estas entidades, ao obxecto de que el mesmo a remita directamente a aquelas no prazo de 5 días, polo medio máis idóneo, ou ben a presente na propia empresa xunto coa copia que se indica no apartado seguinte.
  • As outras dúas copias serán entregadas polo facultativo ao traballador, quen conservará unha copia para el mesmo e remitirá a outra á empresa no prazo de 3 días contados a partir da data da súa expedición. Á súa vez, a empresa remitirá a copia, unha vez cuberta, asinada e selada, á Entidade xestora ou á Mutua, se é o caso, no prazo de 5 días contados a partir do día da súa recepción, agás que esta empresa asumise o pagamento da prestación, derivada de continxencias comúns, en réxime de colaboración voluntaria.
    • Os servizos médicos da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, cando a causa da baixa médica sexa debida a un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional e o traballador preste servizos a unha empresa que concertase a protección de tales continxencias cunha Mutua, ou se trate dun traballador por conta propia que, así mesmo, concertase cunha Mutua a cobertura da prestación económica de incapacidade temporal. Non será necesario remitir, nestes casos, as copias do parte de baixa nin á Inspección Sanitaria do correspondente Servizo Público de Saúde, nin á Entidade xestora.