Prestación por Risco durante o Embarazo e a Lactación

Subsidio que percibe unha traballadora na situación de suspensión do contrato de traballo durante o embarazo ou período de lactación de menores de 9 meses, nos casos en que, debendo cambiar de posto de traballo, por influír este negativamente na súa saúde, na do feto ou na do fillo, a outro posto compatible co seu estado ou situación, o devandito cambio non resulte posible. Acrónimo: PREL.