Servicios de la Oficina Digital

Servizos da Oficina Dixital

A Oficina Dixital de Fraternidad-Muprespa integra un conxunto de servizos on-line para as nosas empresas asociadas, asesorías colaboradoras, autónomos adheridos, traballadores e provedores. A través da Oficina Dixital pódense realizar distintos trámites con Fraternidad-Muprespa, a distancia e en calquera momento.

Se é empresa mutualista ou asesoría, poderá xestionar, entre outros, moitos servizos, os volantes de solicitude de asistencia, a tramitación dos partes de accidente de traballo, as deducións de pagamento delegado, a solicitude do bonus, o absentismo das súas empresas,…

Ademais, as asesorías teñen no Recanto do Asesor un punto de encontro de debate en materia laboral, prevención de riscos laborais e recursos humanos.

Se é un autónomo ou traballador protexido, poderá solicitar a prestación económica, consultar a súa historia clínica, remitir partes médicos de baixa ou informes médicos etc. tanto dende a Oficina Dixital coma dende o seu móbil coa app Mi Frater Paciente ®.

E se é un provedor de Fraternidad-Muprespa, poderá coñecer os pedidos realizados por Fraternidad-Muprespa, as facturas remitidas e a situación de pagamento.

Para máis información dos servizos da Oficina Dixital, consulte os seguintes vídeos:

¿Resultouche útil este contido?
(reset)
¡Grazas polo teu voto!

Puntos: 0