fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

COMO SUBSCRIBIRSE ÁS CANLES RSS

Subscrición con Internet Explorer 7

1. Ao acceder á páxina Web de Fraternidad Muprespa a icona icona RSS, que se atopa na barra superior de ferramentas, actívase (pasando de cor gris a laranxa) de forma automática. Premer esta icona para acceder á lista das canles de información que ofrece Fraternidade Muprespa; tras seleccionar a canle de interese accédese á páxina que contén a fonte de información Web.

2. Ao pulsar sobre a icona Subscribirse a esta fonte, aparece a ventá que mostra a carpeta onde se arquiva a nova fonte á que se subscribiu.

3. Para acceder posteriormente ás novidades da web dende Internet Explorer 7 bastará con pulsar sobre o Centro de favoritos (a estrela amarela situada á esquerda da barra de ferramentas) e pulsar o botón Fontes.


Subscrición con Internet Explorer 6*

* IMPORTANTE: Para subscribirse utilizando Internet Explorer 6, necesítase instalar un lector RSS ou utilizar un lector Web

  • Lectores Web

1. Ao acceder á páxina Web de Fraternidad Muprespa móstrase en varias zonas desta (esquina superior dereita e pé de páxina á dereita) a icona icona RSS, tras pulsar sobre esta, accédese á listaxe das fontes de información ofrecidas (contidos, descargas e noticias).

2. A continuación, despois de seleccionar a temática de interese, na nova ventá, débese indicar a aplicación a través da cal se quere dispoñer da información (bloglines, google Personalizado,etc.).

3. Pulsar calquera destas ligazóns iniciará o proceso de subscrición á canle seleccionada para a aplicación en cuestión.

  • Lector RSS

1. Tras pulsar o botón laranxa RSS icona RSS (situada na nosa Web) accédese ao contido de selección de canles. A continuación débese copiar o enderezo ou URL que aparece na barra de enderezos, podéndose tamén pulsar co botón dereito do rato sobre o botón laranxa de RSS (á dereita da barra de enderezos) e seleccionando "Copiar ruta de enlace".

2. Unha vez feito isto, acceder ao lector RSS e introducir a URL copiada.

Un dos programas máis estendidos para a lectura de RSS é FeedReader.


Subscrición utilizando Firefox

1. Ao entrar na páxina Web de Fraternidad Muprespa aparece na barra de enderezos de Firefox unha icona como esta icona RSS. Tras pulsar sobre a icona aparece unha lista das canles que ofrece Fraternidade Muprespa.

2. Débese seleccionar a canle de interese, e a continuación móstrase a fonte de información, para realizar a subscrición. Seleccionar a aplicación coa que se lerán as fontes web.

3. En caso de elixir a opción Marcadores dinámicos será o propio Firefox quen os xestione. Ao pulsar sobre o botón Subscribirse agora, completaríase a subscrición á fonte de información web.


Subscrición con Microsoft Outlook 2007

1. No menú Ferramentas, facer clic en Configuración da conta. A continuación, tras seleccionar a ficha Fontes RSS, faga clic en Novo.

2. Ao aparecer o cadro de diálogo Nova fonte RSS, escribir ou pegar o enderezo URL da fonte RSS. Por ejemplo "http://www.fraternidad.com/rssLoader.aspx?id_Canal=0&Idioma=0" (para a canle de Contidos).

3. Seguidamente facer clic en Agregar e por último premer o botón Aceptar.

Se desexa dispoñer de máis información sobre RSS prema aquí e acceda á páxina de Microsoft.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016