fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

¿QUE É JAVASCRIPT E COMO O PODO ACTIVAR NO MEU NAVEGADOR?

¿Que é JavaScript?

JavaScript é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da linguaxe Java e a linguaxe C.

¿Para que serve?

Na páxina Web de Fraternidad Muprespa, Javascript é utilizado polas distintas aplicacións e elementos gráficos para a súa presentación e funcionamento. De xeito que, se non se encontra activo o seu funcionamento non será o esperado.

¿Como podo saber o nome e versión do meu navegador?

Habitualmente os navegadores dispoñen dun menú chamado "Axuda"; e dentro deste dunha opción chamada "Acerca de...". Ao premela o navegador mostra unha ventá co nome e o código da versión en uso.

¿Como podo activar Javascript no meu navegador?

Para proceder á activación de Javascript no seu navegador siga o bloque de instrucións necesarias segundo o nome e a versión deste. Para saber o nome e versión do navegador lea a pregunta anterior.

Internet Explorer (7.0)
  • 1. Seleccione "Ferramentas" no menú da parte superior.
  • 2. Elixa "Opcións de Internet".
  • 3. Faga clic na pestana "Seguridade".
  • 4. Faga clic no botón "Nivel personalizado".
  • 5. Desprácese cara a abaixo ata chegar á sección "Automatización".
  • 6. En "Active scripting" e en "Scripting de applets de Java" seleccione Habilitar.
  • 7. Garde os axustes premendo cada vez a tecla de Aceptar.
Internet Explorer (6.0)
  • 1. Seleccione "Ferramentas" no menú da parte superior.
  • 2. Elixa "Opcións de Internet".
  • 3. Faga clic na pestana "Seguridade".
  • 4. Faga clic en "Nivel personalizado".
  • 5. Desprácese cara a abaixo ata chegar á sección "Automatización".
  • 6. En "Secuencias de comandos ActiveX", seleccione "Activar" e faga clic en Aceptar.
  • 7. Garde os axustes premendo cada vez a tecla de Aceptar.
Mozilla Firefox (2.0 e 1.5)
  • 1. Seleccione "Ferramentas" no menú da parte superior.
  • 2. Elixa "Opcións".
  • 3. Seleccione a pestana "Contido" do panel de navegación superior.
  • 4. Seleccione a casa xunto a "Activar JavaScript" e faga clic en Aceptar.
Mozilla Firefox (1.0)
  • 1. Seleccione "Ferramentas no menú" da parte superior.
  • 2. Elixa "Opcións".
  • 3. Seleccione "Funcións de web" no panel de navegación da esquerda.
  • 4. Seleccione a casa xunto a "Activar JavaScript" e faga clic en Aceptar.
Netscape Navigator (4.8)
  • 1. Seleccione "Edición"no menú da parte superior.
  • 2. Seleccione "Preferencias".
  • 3. Elixa "Avanzadas".
  • 4. Seleccione "Scripts & Plugins (Secuencias de comandos e conectores)".
  • 5. Seleccione a casa "Activar JavaScript" e faga clic en Aceptar.
Apple Safari (1.0)
  • 1. Seleccione "Safari" no menú da parte superior.
  • 2. Seleccione "Preferences (Preferencias)".
  • 3. Elixa "Security (Seguridade)".
  • 4. Seleccione a casa xunto a "Enable JavaScript (Habilitar JavaScript)".
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016